viernes, 26 de febrero de 2016

AGASALLO NO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO(24 DE FEBREIRO)

Durante esta semana, e seguindo a proposta da AELG (asociación de escritores e escritoras en lingua galega) os nenos e nenas do colexio traballaron na elaboración dunha postal en torno á figura de Rosalía de Castro.
O mércores 24 de febreiro, despois de poñer enderezos e selos de correos, a rapazada foi depositando a súa postal nun buzón que máis tarde sería depositado na oficina de correos para que  as familias reciban nas súas casas o "agasallo rosaliano" personalizado dos seus fillos/as.


XA TEDES NA CASA O VOSO AGASALLO????


jueves, 25 de febrero de 2016

EXPOSICIÓN DE LIBROS DE ROSALÍA

A semana pasada, e con motivo da celebración o 24 de febreiro do Día de Rosalía de Castro, na entrada da biblioteca tivemos unha exposición de libros adicados á escritora galega.


domingo, 21 de febrero de 2016

CONTACONTOS CON PACO NOGUEIRAS

Contos, música e moita profesionalidade é o que nos ofreceu Paco Nogueiras a mañá do 11 de febreiro. Catro contos de Kalandraka,maravillosamente lidos e cantados que engancharon dende o primeiro momento ao público infantil e ás mestras que alí nos atopabamos.Non conto nada máis... a continuación tendes un resumo de como resultou esta actividade.

Agardamos que volvas pronto Paco.

          






jueves, 11 de febrero de 2016

O ENTROIDO OLÍMPICO

A mañá do 5 de febreiro enchimos a rúa de cor saíndo cos nosos disfraces e deixando as aulas baleiras para disfrutar coas familias e veciñ@s deste antroido olímpico. Disfrutamos coa calor do sol e coa calor que nos demostrou toda a xente que nos acompañou durante o desfile que fixemos por algunhas das rúas do barrio.

Grazas veciñ@s pola vosa acollida e grazas familias pola vosa colaboración na escolla e elaboración de disfraces para os vosos fillos e fillas.


martes, 2 de febrero de 2016

DÍA ESCOLAR POLA PAZ

Este venres celebramos todos xunt@s o Día Escolar pola Paz.

Aproveitando que lucía o sol saímos ao patio descuberto onde cada alumno/a foise colocando no lugar que lle correspondía en función da cor da camiseta que levaban. Unha vez sentad@s no patio quedaron debuxados no chan os aros olímpicos.

Daba comezo o noso acto coa lectura da tregua olímpica, elaborada por todo o alumnado, na que se recollen os compromisos de boa convivencia para a nosa escola. Seguidamente os nenos e nenas de 6º tocaron á frauta o himno da alegría e os de 5º interpretaron e bailaron "Apertas que voan" de Paco Nogueiras.

Ao final do acto todas e todos bailamos e cantamos mentras cinco globos ondeaban no ceo representando os cinco aros olímpicos.

lunes, 1 de febrero de 2016

ARRANCA O ANTROIDO OLÍMPICO


Coas ordes do Meco comenzamos a semana de Antroido. Este luns todas e todos con pantalón curto por riba da roupa.
Durante toda a semana o noso Meco, inspirado nunha das mascotas olímpicas, iranos decindo o que temos que traer cada día.

SE NON TE QUERES ESQUECER O MANDATO DEBERÁS LER


CONSTRUÍNDO TODOS XUNTOS A PAZ

Durante a última semana todos os nenos e nenas da escola colaboraron na elaboración dos murais que supoñen  o pistoletazo de saída ao noso proxecto "ESCOLA: COMUNIDADE OLÍMPICA". Tendo como fondo os aros olímpicos pegaron enriba deles os seus dexesos de paz.