domingo, 14 de diciembre de 2014

FELICITACIÓNS DIXITAIS EN GALEGO

Se o que queres é felicitar o Nadal en Galego, aquí tes unha interesante páxina


clica na imaxe


CONCURSO CARTAS DE NADAL DO CONCELLO DE SANTIAGO




A continuación tedes o enlace á páxina do concurso 


                               
                                                             CLICA NA IMAXE

CANCIÓN DO APALPADOR

RECURSOS E ACTIVIDADES SOBRE O NADAL


CLICA NA IMAXE PARA ACCEDER ÓS RECURSOS SOBRE O NADAL DA COORDINADORA GALEGA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN.

miércoles, 19 de noviembre de 2014

ADIVIÑA, ADIVIÑANZA


CAEN, CAEN SEN PARAR

E NON DEIXAN DE BAILAR


Xa sabedes a solución????

Preguntade ós maís pequeniños da escola...eles xa a saben.

OUTONO EN GALICIA

No seguinte video podedes ver unha presentación de imaxes do outono en Galicia acompañadas de música tradicional galega.

ANIMÁDEVOS A BOTAR UNHA BAILA!!!!!!



jueves, 6 de noviembre de 2014

MATERIAL PARA IMPRIMIR SOBRE O MAGOSTO

Se xa víchedes o conto de "A castaña que rebentou da risa" neste enlace podedes atopar o conto para colorear e outras actividades divertidas recollidas dentro dunha unidade didáctica sobre o magosto feita polo CEIP Igrexa-Valadares


http://www.edu.xunta.es/centros/cepigrexavaladares/system/files/ud_magosto.pdf

A CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA

Conto "A Castaña que rebentou de risa" con imaxes de María Casares Ruíz do blogue Lápiz,papel y goma. Montaxe Ana Martínez Rey. Voz Beatriz Rodríguez Martínez. 


O MAGOSTO

Clicade na imaxe para acceder a unha presentación feita por Chelo Álvarez Veira onde atoparedes, ademais de información sobre o Magosto, a castaña e o castiñeiro, numerosos refráns, adiviñas, poemas, cantigas e receitas propias de esta época do ano.


miércoles, 29 de octubre de 2014

Canción Samaín


Queremos ensinar unha nova canción de Mamá Cabra sobre o Samaín e a continuación do video tedes a letra por si a queredes aprender.

Lembrade que o Samaín está a piques de empezar. O xoves esperamos que todos e todas veñades disfrazados á escola para meter medo polos corredores que tan terroríficos están a quedar grazas ó traballo das mestras o dos alumn@s. 

XA QUEDA POUCOOOOOOOOOOO






SAMAÍN- Mamá Cabra


Era noite de trebón
nun vello e mouro castelo,
a auga caía a chuzos
e os lóstregos a miles.



Oes dentro un barullo
de alaridos e lamentos,
era noite de trebón
nun vello e mouro castelo.



Bule, bule, bule, bule,
bailan, bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, monstros e morcegos.



Bailan, bailan as pantasmas,
monstros, bruxas e curuxas.
Bule, bule que aínda é cedo
e hoxe toca pasar medo.



Bule, bule, bule, bule,
bailan, bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, monstros e morcegos.



Bailan, bailan as pantasmas,
monstros, bruxas e curuxas.
Bule, bule que aínda é cedo
e hoxe toca pasar medo







martes, 28 de octubre de 2014

MATERIAIS PARA TRABALLAR NO SAMAÍN

Se pinchades na imaxe ides entrar na páxina da Coordinadora galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística e alí podedes descargar interesante material para traballar no Samaín elaborado polo Ceip de Galán.


martes, 21 de octubre de 2014

"O SAMAÍN". MAMÁ CABRA


Ímonos animando cara o Samaín con esta terrorífica canción de Mama Cabrá.

Podedes ir ensaiando porque o día 30 soará en todo o colexio. JAJAJAJAJAJAJAAJA


ELABORACIÓN DE CONXUROS


Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos animarvos a participar na elaboración de conxuros feitos en galego para ler na escola o día que celebremos O Samaín.Podédelos facer conxuntamente, un por clase, ou individualmente. 

O importante é elixir un para recitar mentres fagamos a poción máxica.


Aquí tedes algúns exemplos feitos noutras escolas

POCIÓN MÁXICA



RECEITA PARA FACER POCIÓNS MÁXICAS

Ingredientes:

- vinagre
- bicarbonato sódico
- colorante ou pintura para dar cor
- pódese engadir calquera outro ingrediente como ollos, arañas, sapos...

Preparación:

- Vertemos o vinagre nun recipiente que teña aspecto de caldeiro de bruxa.
- Imos engadindo o resto de ingredientes que preparásemos
- recitamos o conxuro máxico
- e finalmente botamos o bicarbonato sódico sobre o vinagre.

A reacción química fará que o vinagre se converta en escuma e saia do recipiente dun xeito moi dramático.

É moi convinte practicar coas cantidades antes de facelo diante dos nen@s, para que o truco saia perfecto.

O único problema é que a apócema saberá a raios...... 


                                    

lunes, 20 de octubre de 2014

RECURSOS SAMAÍN

Nesta páxina podedes atopar unha chea de recursos para traballar o Samaín tanto na escola como na casa.
Clica na imaxe






QUEN DIXO MEDO !!!!!

Se queredes pasar un ratiño de medo, aquí tedes un conto dos que tanto o texto como as ilustracións farán que non podades deixar de miralo. E da editorial OQO e tedes un exemplar na biblioteca.

Ideal para o primeiro ciclo de primaria. Moi recomendable para o resto dos ciclos

MEDO ME DÁ




TAMÉN TEDES A VERSIÓN EN DEBUXOS ANIMADOS


domingo, 19 de octubre de 2014

OUTONO: MATERIAIS E RECURSOS

Clica na imaxe e terás unha chea de materiais e recursos para traballar o outono


CORRE, CORRE CABACIÑA

Agora que estamos en tempo de cabazas e outros froitos do outono recomendamos para os pequenos do cole o libro "Corre corre, cabaciña" da editorial OQO. Pasade pola biblioteca do cole que alí podedes atopar un exemplar.



E si o que queredes é cantar, pois tamén tedes a versión do conto con música.



BENVID@S

Queremos darvos a benvida ó noso blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

A través desta nova ferramenta pretendemos contribuir á divulgación da lingua galega na comunidade educativa e no contorno social así como mostrar as actividades que realicemos co noso alumnado.

Animámosvos a participar a través dos vosos comentarios e outras achegas que vós parezan interesantes.