sábado, 21 de diciembre de 2019

NON MERQUES , ADOPTA

            O alumnado de educación infantil participou nun video coa canción " Non merques, adopta" coa finalidade de concienciar as familias de que si están pensando en ter unha mascota, hai moitos cans e gatos nos refuxios de animais esperando a ter un fogar . Ademáis de cantala e aprendela en lingua galega tamén o fixeron en lingua de signos. Tamén con ela desexámosvos a todos un BO NADAL!!!

 Aquí vos deixo o video para que poidades ver  o ben que o fixeron.

https://youtu.be/niTj4A-Y0CA

NADAL 2019

              Festexamos o Nadal no colexio con distintas actividades: decoráronse as portas e os corredoiros con adornos feitos con material de refugallo, na árbore colocáronse gravatas que trouxeron os alumnos/as da casa, fíxose o mural da entrada, intercambiáronse postais entre todo alumnado , recibimos a visita dos Reis Magos que recolleron as cartas dos nenos/as e cantáronse cancións e panxoliñas polas aulas. 
Aquí neste video podedes ver o bonito que estaba o colexio.

jueves, 28 de noviembre de 2019

EXPOSICIÓN REFRÁNS DE OUTONO

                   Rematamos as celebracións e actividades de outono cunha exposición de refráns e ditos populares da nosa terra. Houbo moita participación do noso alumnado. Aquí vos deixo unhas fotos, mirade que bonito nos quedou!!!





lunes, 25 de noviembre de 2019

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

               Conmemorouse no colexio este día con distintas actividades: nas aulas falando sobre este tema  e utilizando contos e cancións , nunha tarxeta violeta escribironse palabras ou fixéronse debuxos que logo todo o alumnado foi pegando nuns lazos grandes, decoráronse as portas con pancartas . Aquí podedes ver algunhas fotos .







 

sábado, 16 de noviembre de 2019

MAGOSTO 2019

                  O venres 15 de novembro festexamos o Magosto no colexio. Debido o mal tempo non se puideron asar as castañas no centro, e houbo que levalas a asar fora. Despois do recreo repartíronse e degustáronse dentro das aulas. Os xogos que estaban preparados para este día canceláronse e cando mellore o tempo levaranse a cabo.



A FESTA DO MAGOSTO
             Novembro representa , en terras galegas, o tempo do Magosto e o comezo da temporada da matanza do porco.
Hai varias teorías sobre a orixe do seu nome : mentres uns coidan que vén do latín " magus ustus" algo así co significado "gran fogueira", outros especialistas pensan que "Magosto" deriva do latín "magro" coa equivalencia de grande, con algo de " magus", máxico ou feiticeiro...
No mes de novembro , a castaña recupera a importancia que o millo e a pataca lle arrebataron nas lareiras galegas hai varios séculos . Nestes días rendeselle culto, é o Magosto.
O aire das frías noites levou sempre en Galicia o recendo das castañas asadas. O magosto era o tempo que os galegos reservaban para honrar as colleitas , despois do equinoccio, un costume que nestes últimos anos se intenta recuperar.
Di o refrán: " POR SAN MARTIÑO FAISE O MAGOSTO CON CASTAÑAS ASADAS E VIÑO OU MOSTO".

jueves, 31 de octubre de 2019

SAMAÍN 2019

              Aquí neste vídeo podedes ver como decoramos o noso colexio para  festexar o Samaín . Houbo moita participación   na exposición de cabazas terroríficas. O mércores 30 o alumnado e algúns mestres/as viñeron disfrazados ,e os nenos/as de 5º e 6º de primaria contáronlles contos de medo ao resto do alumnado.

jueves, 24 de octubre de 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS 24 DE 0UTUBRO 2019

                  Hoxe festexouse o día das bibliotecas , no colexio aproveitando este día  inaugurouse a biblioteca escolar despois de que estivese pechada para reformala .Os diferentes cursos visitaron a nova biblioteca. Despois do recreo houbo un concerto de Cé orquestra pantasma co seu libro disco " a voar" para todo o alumnado.





sábado, 15 de junio de 2019

EXPOSICIÓN E TRABALLOS RELACIONADOS CO PROXECTO LOLO COÑECE GALICIA.

                  Remata o colexio e neste video podedes ver algúns dos traballos que se realizaron : murais con distintas fotos, mapas, postais , guías .... e tamén a exposición de construccións , monumentos, e outros obxectos feitos con material de refugallo todo elo relacionado co proxecto que se traballou durante todo o curso escolar " Lolo coñece Galicia".

jueves, 13 de junio de 2019

XORNALISTAS DE CONXO

               A continuación podedes escoitar as sesións de radio realizadas no noso Centro por alumnado de 5º e 6º de primaria que forma parte do Programa de Radio Cominitaria do Barrio de Conxo promovido polo Concello de Santiago.

Os nosos agradecementos a Ramón Molina, coordinador do proxecto, por contar con nós e a todo o equipo técnico polo seu traballo. Sin todos eles non sería posible crear este podcast.



miércoles, 15 de mayo de 2019

CONCERTO DE MIGALLAS

Hoxe tivemos o concerto de Migallas no patio do colexio. Todo o alumnado pasouno xenial cantando entre outras "Pan de millo" e " Miña abuela Manuela". Aquí podedes ver algunhas fotos.







martes, 14 de mayo de 2019

OS MAIOS

Dentro da semana cultural, hoxe festexamos OS MAIOS . Houbo moita participación e implicación de todo o alumnado e profesorado.
Aquí podedes ver algunhas fotos.






 

lunes, 13 de mayo de 2019

LETRAS GALEGAS 2019

                                Para festexar as LETRAS GALEGAS fíxose a seguinte actividade: a cada grupo deúselle unha bolsa de tea, na que tiñan que escribir algún poema ou texto de Antón Fraguas Fraguas. Logo de rematadas penduráronse no corredor da biblioteca. Tamén fixéronse actividades impresas e interactivas sobre o autor homenaxeado.
AQUÍ PODEDES VER COMO QUEDARON, ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!

martes, 23 de abril de 2019

DÍA DO LIBRO

       Hoxe festexouse o Día do Libro e no colexio fixéronse distintas actividades:

  • "UN LIBRO É UN AGASALLO" consistiu en que cada neno/a podía coller un libro e levalo para casa.
  • " BIBLIOPATIO" baixáronse libros da biblioteca para a súa lectura no patio.
  • " QUE É UN LIBRO PARA TI? "nun panel todo o alumnado de primaria podía expresar  a súa  opinión .

        Aquí podedes ver algunhas fotos destas actividades.












viernes, 22 de marzo de 2019

DÍA DA POESÍA

               O 21 de marzo conmemorouse o Día da Poesía , fixéronse distintas actividades : a todo o alumnado mandóuselle unha poesía en galego para colocar polo barrio ou  nalgunha rúa da cidade, podíase quitar unha foto e enviala a un correo da biblioteca que se indicaba. Outra actividade consistiu en facer un mural pegando barcos de papel , xa que a poesía  que se traballou en educ. infantil trataba sobre un barco.








viernes, 8 de marzo de 2019

8 MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

        Hoxe todo o alumnado reuniuse no patio exterior para conmemorar o Día Internacional da Muller. Nas aulas escribiuse nunha camiseta branca, palabras , frases ou debuxos relacionados con esta temática. Fixéronse pancartas e algúns cursos compartiron cos demáis utilizando o altavoz as súas frases ou palabras elexidas .



viernes, 1 de marzo de 2019

ENTROIDO 2019

             Festexouse o ENTROIDO no cole este ano relacionado co proxecto que estamos a traballar durante o curso " Lolo coñece Galicia". O alumnado divertiuse toda a semana seguindo as ordes do meco - xeneral do Ulla. O venres o desfile tivo moito éxito e todo o profesorado  recibiu moitas felicitacións pola boa organización e o bo traballo .
 Aquí podedes ver un pequeno video.

viernes, 22 de febrero de 2019

ACTIVIDADES SOBRE ROSALÍA DE CASTRO

                         Esta semana fixéronse moitas actividades sobre Rosalía de Castro, o  24 de febreiro celébrase o seu día. Todo o alumnado decorou, recortou e pegou un marcapáxinas que levaron a casa, nas aulas traballáronse poemas da escritora e se ilustraron  con debuxos e retratos.  Hoxe algúns cursos se desplazaron ata  a praza de vigo para  ler , recitar ou cantar algúns dos seus poemas máis importantes, nun acto para homenaxear a Rosalía.

Aquí tedes un pequeno video das actividades feitas, esperamos que vos guste!!!

miércoles, 30 de enero de 2019

PAZ 2019

Hoxe festexouse o DÍA DA PAZ no colexio. Cantáronse tres cancións no patio, a de educación infantil foi " Cantarela dos nenos" que tamén se interpretou en lingua de signos. Ademáis fíxose un mapa do mundo xigante coa participación de todo o alumnado e intercambiáronse botellas con mensaxes de paz para todos. Aquí podedes ver un pequeno video dos traballos feitos .