domingo, 31 de mayo de 2015

POEMA: O MAR

A continuación podedes ver aos máis pequenos do cole recitando un poema que aprenderon sobre o mar.

FIXÁDEVOS QUE BEN O FAN.......




jueves, 28 de mayo de 2015

"AS ESTACIÓNS"

Conto elaborado por Pilar Lestido, Consuelo Ramonde e Marisa Fernández dentro do marco do grupo de traballo sobre lingua de signos. Elaborado tamén con diferentes texturas para facilitar a comprensión do texto en nenos e nenas con problemas de visión
Tentaremos pouco a pouco ir signando todos os contos elaborados para poder traballar con eles tanto na aula como en casa.

XA VEREDES COMO VOS VAI GUSTAR



martes, 26 de mayo de 2015

"A TARTARUGA QUE QUERÍA DURMIR"

A continuación presentamos outros dos contos adaptados feitos polo grupo de traballo. Neste caso se trata da adaptación do conto "A tartaruga que quería durmir" realizado con diversas texturas.

Participaron na realización do mesmo: Lucía Peixoto, Carmen Andrade e Mari Abeijón.

  SEGURO QUE VOS VAI GUSTAR!!!!


sábado, 23 de mayo de 2015

APRENDENDO COA LINGUA DE SIGNOS


Este curso, algunhas profes do colexio formamos un grupo de traballo  para dar resposta as necesidade educativas, comprensivas e expresivas dunha alumna que se incorporou ó centro. Os profesionais que traballan con ela non contamos con formación neste campo, polo que faise necesaria a formación para poder traballar e comunicarnos, e poder adaptar material á lingua de signos. 

A continuación amosamos o traballo de Teresa Lourido, Mercedes Sande e María Méndez Leis cunha adaptación do conto dos tres porquiños feito con texturas e signado por Teresa.


Queremos agradecer a Silvia Rumeu, encargada de impartir as clases teóricas, a profesionalidade e sensibilidade que demostrou en todo momento con este tema.









TAMÉN PODES VER O CONTO SÓ CON VOZ SIN SIGNAR




 

PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS


Esta semana tivemos no cole ao Equipo do Distrito III con sede en Ordes e que traballan na prevención de incendios forestais.

Houbo que facer varios turnos tanto para as explicacións teóricas como para logo poder ver o camión que traían e probar as mangueiras de auga.

O xoves tocoulle o turno aos máis peques do cole e no seguinte video podedes ver aos de cinco anos disfrutando coas explicacións de Santiago e da festa que logo montaron no patio.

MOITAS GRAZAS AO EQUIPO DO DISTRITO FORESTAL III.

QUÉ BEN O PASAMOS!!!!!!!!!!!

domingo, 17 de mayo de 2015

XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE

A continuación podedes ver unha presentación de caricaturas de Filgueira Valverde feitos por nenos e nenas do Quiroga Palacios.

Si vos achegades á escola, podedes ver todos os traballos expostos na entrada que vai dar ao patio cuberto.

ATOPARÁS O TEU DEBUXO??????



domingo, 3 de mayo de 2015

LETRAS GALEGAS 2015. XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE

Clica na imaxe para acceder ós recursos e actividades para o celebrar o día das letras galegas que propón a coordinadora galega de normalización e dinamización lingüística


XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE