domingo, 15 de noviembre de 2020

Trasladámonos á aula virtual do CEIP P. Cardeal Quiroga Palacios

 

Con esta mensaxe queremos comunicarvos que seguiremos fomentando o uso da Lingua Galega e as nosas costumes con actividades dinámicas a través da aula virtual do CEIP Cardeal Quiroga Palacios.

No panel inicial aparece un espazo denominado Dinamización da Lingua Galega. Ahí atoparedes todas as nosas propostas para este curso 2020-2021 

Podedes acceder directamente a el pinchando no seguinte enderezo:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcardealquiroga/aulavirtual/course/index.php?categoryid=85 


                                                                      Un saúdo

                                                                       EDLG

jueves, 12 de noviembre de 2020

Un outono diferente...


Na aula virtual do cole colgamos un pequeno vídeo coas imaxes e textos que nos fixestes chegar. Con esta montaxe queremos reflexar, non só a beleza da nosa paisaxe, senon a fortaleza dos nosos pequenos e pequenas e as súas familias, facendo fronte a esta dura pandemia con entereza, paixón, diversión e moito SENTIDIÑO.
Moitísimas grazas por participar...



Esperamos que vos guste.
                EDLG

SOLUCIÓNS DAS ADIVIÑAS DOS REFRÁNS DE OUTONO

 AQUÍ VOS DEIXAMOS, A SOLUCIÓN AOS REFRÁNS DE OUTONO QUE SE PUBLICARON NESTE BLOG.

 CANTOS ADIVIÑÁCHEDES ?








martes, 27 de octubre de 2020

SAMAÍN

 Seguimos xogando...

Nestas imaxes están agochadas palabras relacionadas co Samaín.

Seredes capaces de descubrilas todas?












viernes, 23 de octubre de 2020

REFRÁNS DE OUTONO

Benquerido alumnado e familias:

Chegou o outono con temperaturas mais baixas, choiva  e días con menos horas de luz pero esto non é impedimento para pasalo ben practicando o galego

Aquí  deixamos unhas propostas do noso refraneiro para que intentedes resolvelas. Máis adiante publicaremos as solucións.

                             ANIMÁDEVOS A                       PARTICIPAR!!!




















viernes, 19 de junio de 2020


BO VERÁN!

Moitas grazas a todas as familias pola súa colaboración nas actividades propostas.
Ata setembro.

lunes, 18 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

                   Neste video podedes mirar, todo o que enviachedes ao correo que se vos facilitou refente as actividades que se propuxeron para a semana das Letras Galegas. Se as queredes ver lentamente podedes facelo no blog da biblioteca onde tamén están publicadas.


Moitas grazas a todo o alumnado que participou.
PARABÉNS POLO VOSO TRABALLO!!!

jueves, 7 de mayo de 2020

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

                        O escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas    é Ricardo Carvalho Calero. Neste video podedes coñecelo mellor.

Atoparedes actividades sobre o escritor para todos os cursos en:
                                          http://seminariogalan.org/

                                                 https://primaveradasletras.gal/
PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA:
Educación Infantil                                                                       
·       Lectura de fragmentos do conto " As pitas baixo a choiva".  
·       Representar con sombras  utilizando o corpo ou algún obxecto o conto " As pitas baixo a choiva" ( poderá participar toda a familia, necesitaredes unha saba  branca ou tea grande e unha luz , facer unha foto e enviala ).
·       Debuxar unha portada para o conto " As pitas baixo a choiva" ( pódese mandar foto do debuxo).
·       Enviar unha foto facendo algunha actividade do autor que atoparedes en seminariogalán.org, ou dalgunha parte da actividade terminada.
           
    

                        
1º e 2º primaria
·        Lectura de fragmentos do conto " As pitas baixo a choiva", " a cidade", " os catro" ( podedes enviar gravacións de audio ou video).
·       Debuxar unha portada para o conto " As pitas baixo a choiva" ( pódese mandar foto do debuxo).
·       Representar con sombras e utilizando o corpo palabras en lingua galega ( poderá participar toda a familia , necesitaredes unha saba ou tea branca , e unha luz). Enviar a foto
·       Enviar foto facendo algunha actividade do autor que atoparedes en seminariogalán.org, ou dalgunha parte da actividade terminada.

3ª e 4ª primaria
·   Lectura de fragmentos do conto " As pitas baixo a choiva", " a cidade", " Agora" ( podedes enviar gravacións de audio ou video).
·  Debuxar unha portada para o conto " As pitas baixo a choiva" ( pódese mandar foto do debuxo).
·  Representar con sombras  utilizando o corpo palabras en lingua galega ( poderá participar toda a familia , necesitaredes unha saba ou tea branca  e unha luz , facer unha foto e enviala).
·  Enviar unha foto facendo algunha actividade do autor que atoparedes en seminariogalán.org, ou dalgunha parte da actividade terminada.

5º e 6º primaria
·   Lectura de fragmentos do conto ", " a cidade", " A beira do mar", "os catro" ( podedes enviar gravacións de audio ou video).
·  Representar con sombras  utilizando o corpo palabras en lingua galega ( poderá participar toda a familia , necesitaredes unha saba ou tea branca  e unha luz , facer unha foto e enviala).
·   Enviar unha foto facendo algunha actividade do autor que atoparedes en seminariogalán.org, ou dalgunha parte da actividade terminada.

Os fragmentos das obras do escritor poderedes atopalos nas actividades que para cada curso están en seminariogalán.

                                 
ENVIAR ( ata o 18 de maio) AS VOSAS FOTOS, AUDIOS OU VIDEOS A: bibliotecaquiroga@gmail.com

MOITO ÁNIMO
ESPERAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN
GRAZAS

XOGOS LETRAS GALEGAS 2020

Ricardo Carballo Calero - Wikipedia, la enciclopedia libre



Aquí vos deixo  xogos moi divertidos sobre Ricardo Carvalho Calero. 
Quen é capaz de chegar ata o final?
Resolve o misterio...




https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-2020


https://view.genial.ly/5eb18d8a625ccd0d291b037b/interactive-content-letras-2020 

https://view.genial.ly/5eb042186f16bf0d194d52c8/presentation-letras20



viernes, 1 de mayo de 2020

CANCIÓN " NA CASIÑA"

                   Aquí vos deixamos a canción "NA CASIÑA", que fixo Tareixa  en lingua de signos. Tamén a podedes atopar si visitades aulasgalegas.org.
                                                                  DISFRUTADEA!!!

lunes, 20 de abril de 2020

SEMANA DO LIBRO

                Estamos na semana do libro  ( 20 - 24 de abril). No blog da biblioteca do colexio proponse unha actividade  moi interesante que se pode facer dende a casa.

Con motivo da celebración este xoves, 23 de abril  do "DO DÍA LIBRO", propoñemos a seguinte actividade:

Teredes que inventar unha historia coas portadas dos libros que vos queirades e que teñades na casa.
 Se queredes ver mais podedes visitar o blog da biblioteca .


                                          
                           23 DE ABRIL  DÍA DO LIBRO 







domingo, 19 de abril de 2020

CANCIÓN COVID-19

Canción COVID-19. Pandereteiras A.C.Rosalía de Castro de Cacheiras.

Aquí tedes o video . A cantar e  a bailar todos!




viernes, 17 de abril de 2020

jueves, 2 de abril de 2020

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

       Hoxe, 2 de abril, é o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e o noso último premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, Antonio García Teijeiro, agasállanos cun poema da obra Poemar o mar.







https://aulasgalegas.org/dia-internacional-do-libro-infantil-e-xuvenil/

viernes, 27 de marzo de 2020

XABARÍN DA TELEVISIÓN DE GALICIA

Las 12 mejores canciones del Xabarín Club             Xa que actualmente temos que estar na casa podedes pasar un rato disfrutando co xabarín , onde tedes videos de debuxos, xogos, cancións, audiocontos ... en lingua galega.  Tamén poderedes ver as curtas de animación do programa " Nós tamén creamos".
Aquí tedes o enlace :                                                                                           http://www.crtvg.es/infantil


           

jueves, 26 de marzo de 2020

XOGOS TRADICIONAIS


                        Aquí vos deixo un enlace para estes días nos que hai que estar na casa , onde podedes ver e poñer en práctica xogos tradicionais.


http://xogos-tradicionais-corentena.weebly.com/xogos-tradicionais.html

Tamén vos deixo un enlace para facer papiroflexia.

http://xogos-tradicionais-corentena.weebly.com/papiroflexia.html

sábado, 21 de marzo de 2020

DÍA DA POESÍA 21 DE MARZO

                         Hoxe é o día da poesía e Tareixa fixo este video en LSE de "Don tiburón" escrito por Antonio Garcia Teijeiro. Mirade que bonito!!!


 Aquí tedes outros poemas de escritores galegos.







martes, 17 de marzo de 2020

RECURSOS PARA TODOS OS NIVEIS EDUCATIVOS

                                         Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesores e profesoras que ante a situación de illamento na que estamos actualmente, pensan que deben ofrecerlle unha axuda educativa a sociedade.

Trátase de  axudar o alumnado, as familias e tamén o resto de profesorado a atopar recursos e materiais educativos en galego. Aquí vos deixo o enlace .

                                     aulasgalegas.org

viernes, 6 de marzo de 2020

8 MARZO

                          Para conmemorar o 8 de marzo,  alumnas de 3º e 5º de primaria , traballadoras e nais do centro participaron  nun video en LSE da canción en galego " POR ELAS" de Adhara & Ritman. Filmada na carballeira de Conxo.
Este domingo poderedes velas en directo a partir das 17:00 na alameda de Santiago de Compostela .



viernes, 21 de febrero de 2020

ENTROIDO 2020

                                   Esta semana festexouse o Entroido no colexio, coas ordes do meco ( unha nena indicaba o que había que traer cada día) e o venres fíxose o desfile no pavillón con todo o alumnado,  mestres/as e todas as familias que quixeron achegarse . O tema para disfrazarse estivo relacionado co proxecto que se está traballando durante o curso. Desfilaron animais en perigo de extinción ( pingúíns, cebras e canguros), buzos recolledores de plásticos, peixes prateados, nenos/as de pancartas con lemas para coidar o noso planeta ...
















jueves, 20 de febrero de 2020

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

                Este curso coincidiu a celebración do Entroido co Día de Rosalía de Castro polo que case non houbo tempo para facer actividades sobre a escritora galega.
Tendo en conta o lema proposto pola AELG “ Errantes polo mundo”, cada grupo pegou unha foto sobre a migración actual nunha cartolina A3 e ao pé da mesma escribíronse versos dalgún poema da escritora relacionado con este tema.
Aquí podedes ver a exposición.




jueves, 30 de enero de 2020

DÍA DA PAZ 2020

          Festexouse hoxe 30 de Xaneiro o Día da Paz no colexio. No patio todo o alumnado e mestres cantaron en LSE a canción " Vivan las manos de colores". Os días anteriores realizouse o mural da Paz e fixéronse mans de cores para poñer polas ventás de todos os corredoiros do colexio. 
Aquí podedes ver unhas fotos.