martes, 7 de junio de 2016

CONTACONTOS

 O 23 de maio  tivemos a sorte de contar coa visita dun contacontos na escola para os nenos e nenas de infantil e primeiro ciclo de primaria.

FANTÁSTICO!!!!!!







INAUGURACIÓN "XOGOS OLÍMPICOS DO QUIROGA"




Neste video podedes ver un resumo do que foi a inauguración dos Xogos olímpicos que celebramos o 18 de maio no pavillón deportivo.


jueves, 26 de mayo de 2016

"PARAUGAS PARA AS LETRAS"


Actividade feita por toda a escola para celebrar o Día das Letras Galegas, en recordo do escritor homenaxeado este ano: "Manuel María", con poemas, versos e debuxos alusivos á súa obra.

...Agora podédelos ver no patio cuberto.




martes, 24 de mayo de 2016

jueves, 19 de mayo de 2016

"ACHÉGATE AO DEPORTE"

O alumnado de 6º A prepararon un baile e unha canción coa súa profe Olga para a actuación da inauguración dos Xogos Olímpicos.
A continuación podedes ver o video, elaborado pola profe Ana, cos ensaios previos á Cerimonia.


 

BANDEIRAS E MURAIS XOGOS OLÍMPICOS

 No seguinte video podedes ver as bandeiras realizadas polo alumnado para os Xogos Olímpicos do Quiroga e os murais elaborados coas fotos aportadas polas familias.

GRAZAS DE NOVO POLA COLABORACIÓN.


miércoles, 27 de abril de 2016

APADRIÑA A UN LECTOR/RA

Con motivo da celebración do día do libro (23 de abril) o venres 22 cada nen@ podía traer da casa un libro ou conto que lle gustase para ensinar ou ler a outro compañeiro/a. Fixéronse parellas de xeito que un neno/a "apadriñara" a un neno/a máis pequen@ . E así, en parellas ocupamos o parque que está en frente da escola para disfrutar dunha hora de lectura ao aire libre.

Unha bonita actividade coa que disfrutaron tanto pequen@s como maiores.











miércoles, 6 de abril de 2016

miércoles, 16 de marzo de 2016

"O MOUNSTRUO DAS CORES EN LSE"

Durante este 2º trimestre os nenos e nenas de 3 anos B estiveron traballando un pequeno proxecto de educación emocional a partir do conto "O mounstruo das Cores"
A continuación podedes ver o vídeo da canción que cantan todos xuntos en LSE (lingua de signos).

A VECES OS MÁIS PEQUENOS SON MOOOOOOI GRANDES!!!!

jueves, 3 de marzo de 2016

"ELEFANTE ELEGANTE TEATRO"

Este luns 29 de febreiro o alumnado de 3 e 4 anos do colexio asistiú á representación da obra de teatro "Aurora" da compañía "Elefante Elegante Teatro" que tivo lugar no Auditorio ABANCA de Santiago. E ata a rúa Preguntoiro fomos paseando dende a Virxe da Cerca lugar onde nos deixaron os autobuses. 
 Unha bonita experiencia, sobre todo para os máis pequenos que desfrutaron desta primeira saída coas súas profes e os seus compañeiros/as.

 

viernes, 26 de febrero de 2016

AGASALLO NO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO(24 DE FEBREIRO)

Durante esta semana, e seguindo a proposta da AELG (asociación de escritores e escritoras en lingua galega) os nenos e nenas do colexio traballaron na elaboración dunha postal en torno á figura de Rosalía de Castro.
O mércores 24 de febreiro, despois de poñer enderezos e selos de correos, a rapazada foi depositando a súa postal nun buzón que máis tarde sería depositado na oficina de correos para que  as familias reciban nas súas casas o "agasallo rosaliano" personalizado dos seus fillos/as.


XA TEDES NA CASA O VOSO AGASALLO????


jueves, 25 de febrero de 2016

EXPOSICIÓN DE LIBROS DE ROSALÍA

A semana pasada, e con motivo da celebración o 24 de febreiro do Día de Rosalía de Castro, na entrada da biblioteca tivemos unha exposición de libros adicados á escritora galega.


domingo, 21 de febrero de 2016

CONTACONTOS CON PACO NOGUEIRAS

Contos, música e moita profesionalidade é o que nos ofreceu Paco Nogueiras a mañá do 11 de febreiro. Catro contos de Kalandraka,maravillosamente lidos e cantados que engancharon dende o primeiro momento ao público infantil e ás mestras que alí nos atopabamos.Non conto nada máis... a continuación tendes un resumo de como resultou esta actividade.

Agardamos que volvas pronto Paco.

          






jueves, 11 de febrero de 2016

O ENTROIDO OLÍMPICO

A mañá do 5 de febreiro enchimos a rúa de cor saíndo cos nosos disfraces e deixando as aulas baleiras para disfrutar coas familias e veciñ@s deste antroido olímpico. Disfrutamos coa calor do sol e coa calor que nos demostrou toda a xente que nos acompañou durante o desfile que fixemos por algunhas das rúas do barrio.

Grazas veciñ@s pola vosa acollida e grazas familias pola vosa colaboración na escolla e elaboración de disfraces para os vosos fillos e fillas.


martes, 2 de febrero de 2016

DÍA ESCOLAR POLA PAZ

Este venres celebramos todos xunt@s o Día Escolar pola Paz.

Aproveitando que lucía o sol saímos ao patio descuberto onde cada alumno/a foise colocando no lugar que lle correspondía en función da cor da camiseta que levaban. Unha vez sentad@s no patio quedaron debuxados no chan os aros olímpicos.

Daba comezo o noso acto coa lectura da tregua olímpica, elaborada por todo o alumnado, na que se recollen os compromisos de boa convivencia para a nosa escola. Seguidamente os nenos e nenas de 6º tocaron á frauta o himno da alegría e os de 5º interpretaron e bailaron "Apertas que voan" de Paco Nogueiras.

Ao final do acto todas e todos bailamos e cantamos mentras cinco globos ondeaban no ceo representando os cinco aros olímpicos.

lunes, 1 de febrero de 2016

ARRANCA O ANTROIDO OLÍMPICO


Coas ordes do Meco comenzamos a semana de Antroido. Este luns todas e todos con pantalón curto por riba da roupa.
Durante toda a semana o noso Meco, inspirado nunha das mascotas olímpicas, iranos decindo o que temos que traer cada día.

SE NON TE QUERES ESQUECER O MANDATO DEBERÁS LER


CONSTRUÍNDO TODOS XUNTOS A PAZ

Durante a última semana todos os nenos e nenas da escola colaboraron na elaboración dos murais que supoñen  o pistoletazo de saída ao noso proxecto "ESCOLA: COMUNIDADE OLÍMPICA". Tendo como fondo os aros olímpicos pegaron enriba deles os seus dexesos de paz.






domingo, 24 de enero de 2016

"APERTAS QUE VOAN" PACO NOGUEIRAS


Para celebrar o día da Paz este ano imos aprender e interpretar a canción de  "Apertas que voan" de Paco Nogueiras.

Esta que vedes a continuación é unha adaptación á lingua de signos. Seredes capaces de aprendela ??????

...VEÑA ÁNIMO AÍNDA QUE SÓ SEXA O ESTRIBILLO 


lunes, 4 de enero de 2016

CANTIGAS DE INFANTIL

Aquí tedes aos máis pequen@s da escola interpretando as cantigas que aprenderon na escola.

NORABOA PEQUES SODES UNS ARTISTAS!!!!


5 ANOS B



4 ANOS A




4 ANOS B



3 ANOS B



5 ANOS A


domingo, 3 de enero de 2016

MUSICA NO XERIÁTRICO DE SANTA MARTA

O coro de primaria do colexio, dirixido pola profesora Olga, actuou no xeriátrico de Santa Marta ante un público do máis agradecido. Unha mañán de convivencia na que tamén agasallaron aos residentes con postais feitas na escola por alumnos e alumnas do Ceip Quiroga Palacios.

Noraboa por esta bonita experiencia.