lunes, 18 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

                   Neste video podedes mirar, todo o que enviachedes ao correo que se vos facilitou refente as actividades que se propuxeron para a semana das Letras Galegas. Se as queredes ver lentamente podedes facelo no blog da biblioteca onde tamén están publicadas.


Moitas grazas a todo o alumnado que participou.
PARABÉNS POLO VOSO TRABALLO!!!

jueves, 7 de mayo de 2020

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

                        O escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas    é Ricardo Carvalho Calero. Neste video podedes coñecelo mellor.

Atoparedes actividades sobre o escritor para todos os cursos en:
                                          http://seminariogalan.org/

                                                 https://primaveradasletras.gal/
PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA:
Educación Infantil                                                                       
·       Lectura de fragmentos do conto " As pitas baixo a choiva".  
·       Representar con sombras  utilizando o corpo ou algún obxecto o conto " As pitas baixo a choiva" ( poderá participar toda a familia, necesitaredes unha saba  branca ou tea grande e unha luz , facer unha foto e enviala ).
·       Debuxar unha portada para o conto " As pitas baixo a choiva" ( pódese mandar foto do debuxo).
·       Enviar unha foto facendo algunha actividade do autor que atoparedes en seminariogalán.org, ou dalgunha parte da actividade terminada.
           
    

                        
1º e 2º primaria
·        Lectura de fragmentos do conto " As pitas baixo a choiva", " a cidade", " os catro" ( podedes enviar gravacións de audio ou video).
·       Debuxar unha portada para o conto " As pitas baixo a choiva" ( pódese mandar foto do debuxo).
·       Representar con sombras e utilizando o corpo palabras en lingua galega ( poderá participar toda a familia , necesitaredes unha saba ou tea branca , e unha luz). Enviar a foto
·       Enviar foto facendo algunha actividade do autor que atoparedes en seminariogalán.org, ou dalgunha parte da actividade terminada.

3ª e 4ª primaria
·   Lectura de fragmentos do conto " As pitas baixo a choiva", " a cidade", " Agora" ( podedes enviar gravacións de audio ou video).
·  Debuxar unha portada para o conto " As pitas baixo a choiva" ( pódese mandar foto do debuxo).
·  Representar con sombras  utilizando o corpo palabras en lingua galega ( poderá participar toda a familia , necesitaredes unha saba ou tea branca  e unha luz , facer unha foto e enviala).
·  Enviar unha foto facendo algunha actividade do autor que atoparedes en seminariogalán.org, ou dalgunha parte da actividade terminada.

5º e 6º primaria
·   Lectura de fragmentos do conto ", " a cidade", " A beira do mar", "os catro" ( podedes enviar gravacións de audio ou video).
·  Representar con sombras  utilizando o corpo palabras en lingua galega ( poderá participar toda a familia , necesitaredes unha saba ou tea branca  e unha luz , facer unha foto e enviala).
·   Enviar unha foto facendo algunha actividade do autor que atoparedes en seminariogalán.org, ou dalgunha parte da actividade terminada.

Os fragmentos das obras do escritor poderedes atopalos nas actividades que para cada curso están en seminariogalán.

                                 
ENVIAR ( ata o 18 de maio) AS VOSAS FOTOS, AUDIOS OU VIDEOS A: bibliotecaquiroga@gmail.com

MOITO ÁNIMO
ESPERAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN
GRAZAS

XOGOS LETRAS GALEGAS 2020

Ricardo Carballo Calero - Wikipedia, la enciclopedia libre



Aquí vos deixo  xogos moi divertidos sobre Ricardo Carvalho Calero. 
Quen é capaz de chegar ata o final?
Resolve o misterio...




https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-2020


https://view.genial.ly/5eb18d8a625ccd0d291b037b/interactive-content-letras-2020 

https://view.genial.ly/5eb042186f16bf0d194d52c8/presentation-letras20



viernes, 1 de mayo de 2020

CANCIÓN " NA CASIÑA"

                   Aquí vos deixamos a canción "NA CASIÑA", que fixo Tareixa  en lingua de signos. Tamén a podedes atopar si visitades aulasgalegas.org.
                                                                  DISFRUTADEA!!!