lunes, 21 de diciembre de 2015

GAÑADORES DO CONCURSO DO APALPADOR

NORABOA!!!!!!!!!



CATEGORÍA DE INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA:

CLARA BUELA PAMPÍN de 5º de Educación infantil


CATEGORÍA 3º, 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA:

ADRIÁN NEO MARIÑO de 3º de Educación Primaria

domingo, 13 de diciembre de 2015

CONCURSO APALPADOR


Resultado de imaxes para apalpador leandro lamas


Si xa coñecedes a este persoaxe das montañas de Lugo, estás de noraboa pois será doado contestar ás preguntas que plantexamos dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Achégate á entrada do cole, ao carón do mural de Nadal e busca a pregunta que corresponde ao teu curso. Si xa sabes a resposta, perfecto!!! senon investiga, busca, pregunta e escribe a túa resposta nas fichas que atoparás enriba da mesa e introduce a resposta no buzón correspondente. 

Entre os/as que acerten escollerase ao azar ao gañador/a.  

Deberás entregalas antes do 17 de decembro



MOITA SORTE!!!!!

ACTIVIDADE LIM "O APALPADOR"


Clika na imaxe e accederás ao blogue do CEIP Outeiro das Penas onde poderás xogar coa actividade Lim do apalpador.



LIM do Apalpador 
CEIP Outeiro das Penas / O Outeiro de Matilda 



O APALPADOR NA TVG

sábado, 12 de diciembre de 2015

RECURSOS NADAL

Clika na imaxe para acceder aos recursos sobre Nadal da coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística

Resultado de imaxes para nadal apalpador

domingo, 1 de noviembre de 2015

"EXPOSICIÓN DE CABAZAS"





No seguinte video podedes ver a exposición de cabazas e decoración de corredores do cole.



"PENSANDO EN OUTONO"

Dende o equipo de dinamización da lingua galega propuxemos a actividade de "Pensando en outono" para traballar nas distintas aulas o vocabulario relacionado co outono. O traballo final quedou plasmado nun mural que podedes ver na entrada do cole.
Xa podedes xogar á sopa de letras buscando palabras relacionadas con: árbores,cores de outono,froitos de outono,xogos de outono,climatoloxía de outono,samaín,magosto...





SEMANA DO MEDO

Estamos en tempo de castañas e cabazas, de meigas e esqueletes e a semana pasada celebramos a "Semana do medo" na biblioteca coa lectura por parte de profes e nen@s de contos seleccionados. Todo un éxito de público.



  "QUEN DIXO MEDOOOOOOOOOOOOO" 












viernes, 26 de junio de 2015

FESTA FIN DE CURSO 2014/2015

Chegamos ao final de curso e queriamos facelo ao grande e rematar o noso proxecto do mar cunha actividade na que a auga fora a protagonista. Decidimos facer unha "Festa da escuma", aproveitando o bo tempo que tivemos e sabendo que é unha actividade que, xeralmente, non é doado de realizar  por mor da metereoloxía e moi apreciada por todos os nenos e nenas.

Finalmente aquí tedes o resultado dunha xornada increíble na que tanto o alumnado como o profesorado disfrutamos ao máximo.

FELICES VACACIÓNS E ATA SETEMBRO.....MIRÁMONOS


miércoles, 17 de junio de 2015

SACAPENAS

Durante o curso, na hora de Atención Educativa, traballei cos nenos e nenas de 6º de E.I. o tema do medo a través dunha adaptación en galego do conto de Anthony Browne "SACAPENAS". 




Ademais da lectura e comprensión do conto, os alumn@s elaboraron as persoaxes , fixeron o escenario e adaptaron o texto para, finalmente facer un teatro de titeres .

 Tanto as voces como as imaxes están grabadas por separadas e montadas nun video que espero que vos guste.



AULA DE 6ºB DE EDUCACIÓN INFANTIL















AULA DE 6ºB DE EDUCACIÓN INFANTIL


POEMA "O MAR" 5º B DE E.I.


A continuación podedes ver aos pequenos de 5ºB de E.I. interpretando o poema "O MAR". Poema inventado por eles con axuda da súa profesora Angélica.

XA VEREDES QUÉ BEN O FAN




O MAR

AS ONDAS QUE VEÑEN
AS ONDAS QUE VAN
MIL TESOUROS TEÑEN
MIL TESOUROS DAN

PERO HAI QUE COIDAR
OS PEIXES E O MAR,
NON TIRAR BASURA
NIN A AUGA ENSUCIAR.

domingo, 14 de junio de 2015

OS BOLECHAS EN "A CASA DO PATRÓN"

A continuación vos presentamos un libro dos bolechas que seguro aos máis pequenos lles encantará despois de estar na Casa do Patrón. Os bolechas nos contan como é este museo etnográfico e ata aparecen persoaxes que mesmo atopamos nós na nosa visita.

No próximo curso tentaremolo conseguir para a nosa biblioteca da escola.




EXCURSIÓN FIN DE CURSO. (4º E 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL)

Este ano decidimos, cos máis pequenos do cole, facer a saída de fin de curso a "A CASA DO PATRÓN". Un museo etnográfico, onde ademáis de coñecer como vivían antes os nosos avós e bisabós aprendemos a facer pan e queixo.

Unha bonita xornada onde aprendimos, xogamos e compartimos.

 FIXÁDEVOS NO VIDEO O BEN QUE O PASAMOS!!!



 

lunes, 8 de junio de 2015

"A MÚSICA DO CORPO" 4º E.I. GRUPO B

Aquí podedes ver aos pequeniños de 3 anos do grupo B cantando e signando a canción "A música do corpo" con letra e música orixinal de TOMÁS MEDINA E JORGE BUENO.

MENUDOS ARTISTAS!!!!!

 

domingo, 31 de mayo de 2015

POEMA: O MAR

A continuación podedes ver aos máis pequenos do cole recitando un poema que aprenderon sobre o mar.

FIXÁDEVOS QUE BEN O FAN.......




jueves, 28 de mayo de 2015

"AS ESTACIÓNS"

Conto elaborado por Pilar Lestido, Consuelo Ramonde e Marisa Fernández dentro do marco do grupo de traballo sobre lingua de signos. Elaborado tamén con diferentes texturas para facilitar a comprensión do texto en nenos e nenas con problemas de visión
Tentaremos pouco a pouco ir signando todos os contos elaborados para poder traballar con eles tanto na aula como en casa.

XA VEREDES COMO VOS VAI GUSTAR



martes, 26 de mayo de 2015

"A TARTARUGA QUE QUERÍA DURMIR"

A continuación presentamos outros dos contos adaptados feitos polo grupo de traballo. Neste caso se trata da adaptación do conto "A tartaruga que quería durmir" realizado con diversas texturas.

Participaron na realización do mesmo: Lucía Peixoto, Carmen Andrade e Mari Abeijón.

  SEGURO QUE VOS VAI GUSTAR!!!!


sábado, 23 de mayo de 2015

APRENDENDO COA LINGUA DE SIGNOS


Este curso, algunhas profes do colexio formamos un grupo de traballo  para dar resposta as necesidade educativas, comprensivas e expresivas dunha alumna que se incorporou ó centro. Os profesionais que traballan con ela non contamos con formación neste campo, polo que faise necesaria a formación para poder traballar e comunicarnos, e poder adaptar material á lingua de signos. 

A continuación amosamos o traballo de Teresa Lourido, Mercedes Sande e María Méndez Leis cunha adaptación do conto dos tres porquiños feito con texturas e signado por Teresa.


Queremos agradecer a Silvia Rumeu, encargada de impartir as clases teóricas, a profesionalidade e sensibilidade que demostrou en todo momento con este tema.









TAMÉN PODES VER O CONTO SÓ CON VOZ SIN SIGNAR




 

PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS


Esta semana tivemos no cole ao Equipo do Distrito III con sede en Ordes e que traballan na prevención de incendios forestais.

Houbo que facer varios turnos tanto para as explicacións teóricas como para logo poder ver o camión que traían e probar as mangueiras de auga.

O xoves tocoulle o turno aos máis peques do cole e no seguinte video podedes ver aos de cinco anos disfrutando coas explicacións de Santiago e da festa que logo montaron no patio.

MOITAS GRAZAS AO EQUIPO DO DISTRITO FORESTAL III.

QUÉ BEN O PASAMOS!!!!!!!!!!!

domingo, 17 de mayo de 2015

XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE

A continuación podedes ver unha presentación de caricaturas de Filgueira Valverde feitos por nenos e nenas do Quiroga Palacios.

Si vos achegades á escola, podedes ver todos os traballos expostos na entrada que vai dar ao patio cuberto.

ATOPARÁS O TEU DEBUXO??????



domingo, 3 de mayo de 2015

LETRAS GALEGAS 2015. XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE

Clica na imaxe para acceder ós recursos e actividades para o celebrar o día das letras galegas que propón a coordinadora galega de normalización e dinamización lingüística


XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE

lunes, 23 de febrero de 2015

24 DE FEBREIRO: "DÍA DE ROSALÍA"

Prema na imaxe para acceder á páxina elaborada polo concello de Teo na que teremos acceso a distintas actividades e propostas didácticas sobre a vida e obra de Rosalía.



lunes, 2 de febrero de 2015

DÍA ESCOLAR POLA PAZ

Como tódolos anos, o 30 de xaneiro celebramos o DÍA ESCOLAR POLA PAZ. Este ano, aproveitando que estamos a traballar co proxecto relacionado co mar, quixemos facer un mural conxunto no que se recollan unha serie de compromisos relacionados co coidado do mar. 

Coa axuda tamén das familias compretamos o nosa "Arbore dos Desexos" cos desexos de toda a comunidade educativa a prol dun mundo mellor.





Finalmente saimos ao patio para cantar a canción que viñamos ensaiando, facer pompas de xabrón e escoitar aos maiores interpretar unha serie de cancións ensaiadas coa profesora de música.

Un bonito día só empañado pola chuvia que obrigou a facer o acto no patio en dous turnos pero que aínda así pudemos cantar, bailar, xogar e disfrutar 

lunes, 12 de enero de 2015

ENTROIDO 2015

Clica na imaxe pàra acceder aos contidos de Antroido da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística