viernes, 26 de junio de 2015

FESTA FIN DE CURSO 2014/2015

Chegamos ao final de curso e queriamos facelo ao grande e rematar o noso proxecto do mar cunha actividade na que a auga fora a protagonista. Decidimos facer unha "Festa da escuma", aproveitando o bo tempo que tivemos e sabendo que é unha actividade que, xeralmente, non é doado de realizar  por mor da metereoloxía e moi apreciada por todos os nenos e nenas.

Finalmente aquí tedes o resultado dunha xornada increíble na que tanto o alumnado como o profesorado disfrutamos ao máximo.

FELICES VACACIÓNS E ATA SETEMBRO.....MIRÁMONOS


miércoles, 17 de junio de 2015

SACAPENAS

Durante o curso, na hora de Atención Educativa, traballei cos nenos e nenas de 6º de E.I. o tema do medo a través dunha adaptación en galego do conto de Anthony Browne "SACAPENAS". 




Ademais da lectura e comprensión do conto, os alumn@s elaboraron as persoaxes , fixeron o escenario e adaptaron o texto para, finalmente facer un teatro de titeres .

 Tanto as voces como as imaxes están grabadas por separadas e montadas nun video que espero que vos guste.



AULA DE 6ºB DE EDUCACIÓN INFANTIL















AULA DE 6ºB DE EDUCACIÓN INFANTIL


POEMA "O MAR" 5º B DE E.I.


A continuación podedes ver aos pequenos de 5ºB de E.I. interpretando o poema "O MAR". Poema inventado por eles con axuda da súa profesora Angélica.

XA VEREDES QUÉ BEN O FAN




O MAR

AS ONDAS QUE VEÑEN
AS ONDAS QUE VAN
MIL TESOUROS TEÑEN
MIL TESOUROS DAN

PERO HAI QUE COIDAR
OS PEIXES E O MAR,
NON TIRAR BASURA
NIN A AUGA ENSUCIAR.

domingo, 14 de junio de 2015

OS BOLECHAS EN "A CASA DO PATRÓN"

A continuación vos presentamos un libro dos bolechas que seguro aos máis pequenos lles encantará despois de estar na Casa do Patrón. Os bolechas nos contan como é este museo etnográfico e ata aparecen persoaxes que mesmo atopamos nós na nosa visita.

No próximo curso tentaremolo conseguir para a nosa biblioteca da escola.




EXCURSIÓN FIN DE CURSO. (4º E 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL)

Este ano decidimos, cos máis pequenos do cole, facer a saída de fin de curso a "A CASA DO PATRÓN". Un museo etnográfico, onde ademáis de coñecer como vivían antes os nosos avós e bisabós aprendemos a facer pan e queixo.

Unha bonita xornada onde aprendimos, xogamos e compartimos.

 FIXÁDEVOS NO VIDEO O BEN QUE O PASAMOS!!!



 

lunes, 8 de junio de 2015

"A MÚSICA DO CORPO" 4º E.I. GRUPO B

Aquí podedes ver aos pequeniños de 3 anos do grupo B cantando e signando a canción "A música do corpo" con letra e música orixinal de TOMÁS MEDINA E JORGE BUENO.

MENUDOS ARTISTAS!!!!!