Este curso, algunhas profes do colexio formamos un grupo de traballo para dar resposta as necesidade educativas, comprensivas e expresivas dunha alumna que se incorporou ó centro. Os profesionais que traballan con ela non contamos con formación neste campo, polo que faise necesaria a formación para poder traballar e comunicarnos, e poder adaptar material á lingua de signos.
A continuación amosamos o traballo de Teresa Lourido, Mercedes Sande e María Méndez Leis cunha adaptación do conto dos tres porquiños feito con texturas e signado por Teresa.
Queremos agradecer a Silvia Rumeu, encargada de impartir as clases teóricas, a profesionalidade e sensibilidade que demostrou en todo momento con este tema.
TAMÉN PODES VER O CONTO SÓ CON VOZ SIN SIGNAR
Este curso está sendo moi enriquecedor para os nenos!!! Moitas gracias por amosarnos aos pais o gran traballo que estades facendo
ResponderEliminarGrazas polo comentario. Este é só o comenzo do que esperamos poder seguir amosando nos vindeiros cursos.
EliminarNoraboa polo voso esforzo e dedicación. Saberedes que o que facedes está a prender con forza nos nen@s. Agradezo infinito a enorme aportación que supoñedes a nivel educativo e emocional no primeiro ano de cole da miña filla.
ResponderEliminarÉ gratificante contar co voso apoio Para os vosos fill@s é moi importante....para nós tamén. Grazas polo comentario que nos dá forza para seguir nesta línea.
Eliminar