Mostrando entradas con la etiqueta material elaborado. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta material elaborado. Mostrar todas las entradas

jueves, 28 de mayo de 2015

"AS ESTACIÓNS"

Conto elaborado por Pilar Lestido, Consuelo Ramonde e Marisa Fernández dentro do marco do grupo de traballo sobre lingua de signos. Elaborado tamén con diferentes texturas para facilitar a comprensión do texto en nenos e nenas con problemas de visión
Tentaremos pouco a pouco ir signando todos os contos elaborados para poder traballar con eles tanto na aula como en casa.

XA VEREDES COMO VOS VAI GUSTAR



sábado, 23 de mayo de 2015

APRENDENDO COA LINGUA DE SIGNOS


Este curso, algunhas profes do colexio formamos un grupo de traballo  para dar resposta as necesidade educativas, comprensivas e expresivas dunha alumna que se incorporou ó centro. Os profesionais que traballan con ela non contamos con formación neste campo, polo que faise necesaria a formación para poder traballar e comunicarnos, e poder adaptar material á lingua de signos. 

A continuación amosamos o traballo de Teresa Lourido, Mercedes Sande e María Méndez Leis cunha adaptación do conto dos tres porquiños feito con texturas e signado por Teresa.


Queremos agradecer a Silvia Rumeu, encargada de impartir as clases teóricas, a profesionalidade e sensibilidade que demostrou en todo momento con este tema.









TAMÉN PODES VER O CONTO SÓ CON VOZ SIN SIGNAR