No seguinte video podedes ver a exposición de cabazas e decoración de corredores do cole.
Mostrando entradas con la etiqueta outono. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta outono. Mostrar todas las entradas
domingo, 1 de noviembre de 2015
"PENSANDO EN OUTONO"
Dende o equipo de dinamización da lingua galega propuxemos a actividade de "Pensando en outono" para traballar nas distintas aulas o vocabulario relacionado co outono. O traballo final quedou plasmado nun mural que podedes ver na entrada do cole.
Xa podedes xogar á sopa de letras buscando palabras relacionadas con: árbores,cores de outono,froitos de outono,xogos de outono,climatoloxía de outono,samaín,magosto...
SEMANA DO MEDO
Estamos en tempo de castañas e cabazas, de meigas e esqueletes e a semana pasada celebramos a "Semana do medo" na biblioteca coa lectura por parte de profes e nen@s de contos seleccionados. Todo un éxito de público.
miércoles, 19 de noviembre de 2014
ADIVIÑA, ADIVIÑANZA
CAEN, CAEN SEN PARAR
E NON DEIXAN DE BAILAR
Xa sabedes a solución????
Preguntade ós maís pequeniños da escola...eles xa a saben.
OUTONO EN GALICIA
No seguinte video podedes ver unha presentación de imaxes do outono en Galicia acompañadas de música tradicional galega.
ANIMÁDEVOS A BOTAR UNHA BAILA!!!!!!
jueves, 6 de noviembre de 2014
O MAGOSTO
Clicade na imaxe para acceder a unha presentación feita por Chelo Álvarez Veira onde atoparedes, ademais de información sobre o Magosto, a castaña e o castiñeiro, numerosos refráns, adiviñas, poemas, cantigas e receitas propias de esta época do ano.
martes, 21 de octubre de 2014
"O SAMAÍN". MAMÁ CABRA
Ímonos animando cara o Samaín con esta terrorífica canción de Mama Cabrá.
Podedes ir ensaiando porque o día 30 soará en todo o colexio. JAJAJAJAJAJAJAAJA
lunes, 20 de octubre de 2014
RECURSOS SAMAÍN
Nesta páxina podedes atopar unha chea de recursos para traballar o Samaín tanto na escola como na casa.
Clica na imaxe
domingo, 19 de octubre de 2014
CORRE, CORRE CABACIÑA
Agora que estamos en tempo de cabazas e outros froitos do outono recomendamos para os pequenos do cole o libro "Corre corre, cabaciña" da editorial OQO. Pasade pola biblioteca do cole que alí podedes atopar un exemplar.
E si o que queredes é cantar, pois tamén tedes a versión do conto con música.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










