Mostrando entradas con la etiqueta saídas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta saídas. Mostrar todas las entradas

jueves, 3 de marzo de 2016

"ELEFANTE ELEGANTE TEATRO"

Este luns 29 de febreiro o alumnado de 3 e 4 anos do colexio asistiú á representación da obra de teatro "Aurora" da compañía "Elefante Elegante Teatro" que tivo lugar no Auditorio ABANCA de Santiago. E ata a rúa Preguntoiro fomos paseando dende a Virxe da Cerca lugar onde nos deixaron os autobuses. 
 Unha bonita experiencia, sobre todo para os máis pequenos que desfrutaron desta primeira saída coas súas profes e os seus compañeiros/as.

 

domingo, 3 de enero de 2016

MUSICA NO XERIÁTRICO DE SANTA MARTA

O coro de primaria do colexio, dirixido pola profesora Olga, actuou no xeriátrico de Santa Marta ante un público do máis agradecido. Unha mañán de convivencia na que tamén agasallaron aos residentes con postais feitas na escola por alumnos e alumnas do Ceip Quiroga Palacios.

Noraboa por esta bonita experiencia.


domingo, 14 de junio de 2015

EXCURSIÓN FIN DE CURSO. (4º E 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL)

Este ano decidimos, cos máis pequenos do cole, facer a saída de fin de curso a "A CASA DO PATRÓN". Un museo etnográfico, onde ademáis de coñecer como vivían antes os nosos avós e bisabós aprendemos a facer pan e queixo.

Unha bonita xornada onde aprendimos, xogamos e compartimos.

 FIXÁDEVOS NO VIDEO O BEN QUE O PASAMOS!!!