Mostrando entradas con la etiqueta educación infantil. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta educación infantil. Mostrar todas las entradas

miércoles, 16 de marzo de 2016

"O MOUNSTRUO DAS CORES EN LSE"

Durante este 2º trimestre os nenos e nenas de 3 anos B estiveron traballando un pequeno proxecto de educación emocional a partir do conto "O mounstruo das Cores"
A continuación podedes ver o vídeo da canción que cantan todos xuntos en LSE (lingua de signos).

A VECES OS MÁIS PEQUENOS SON MOOOOOOI GRANDES!!!!

jueves, 3 de marzo de 2016

"ELEFANTE ELEGANTE TEATRO"

Este luns 29 de febreiro o alumnado de 3 e 4 anos do colexio asistiú á representación da obra de teatro "Aurora" da compañía "Elefante Elegante Teatro" que tivo lugar no Auditorio ABANCA de Santiago. E ata a rúa Preguntoiro fomos paseando dende a Virxe da Cerca lugar onde nos deixaron os autobuses. 
 Unha bonita experiencia, sobre todo para os máis pequenos que desfrutaron desta primeira saída coas súas profes e os seus compañeiros/as.

 

domingo, 21 de febrero de 2016

CONTACONTOS CON PACO NOGUEIRAS

Contos, música e moita profesionalidade é o que nos ofreceu Paco Nogueiras a mañá do 11 de febreiro. Catro contos de Kalandraka,maravillosamente lidos e cantados que engancharon dende o primeiro momento ao público infantil e ás mestras que alí nos atopabamos.Non conto nada máis... a continuación tendes un resumo de como resultou esta actividade.

Agardamos que volvas pronto Paco.

          






lunes, 4 de enero de 2016

CANTIGAS DE INFANTIL

Aquí tedes aos máis pequen@s da escola interpretando as cantigas que aprenderon na escola.

NORABOA PEQUES SODES UNS ARTISTAS!!!!


5 ANOS B



4 ANOS A




4 ANOS B



3 ANOS B



5 ANOS A


domingo, 14 de junio de 2015

EXCURSIÓN FIN DE CURSO. (4º E 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL)

Este ano decidimos, cos máis pequenos do cole, facer a saída de fin de curso a "A CASA DO PATRÓN". Un museo etnográfico, onde ademáis de coñecer como vivían antes os nosos avós e bisabós aprendemos a facer pan e queixo.

Unha bonita xornada onde aprendimos, xogamos e compartimos.

 FIXÁDEVOS NO VIDEO O BEN QUE O PASAMOS!!!