Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca. Mostrar todas las entradas

martes, 7 de junio de 2016

CONTACONTOS

 O 23 de maio  tivemos a sorte de contar coa visita dun contacontos na escola para os nenos e nenas de infantil e primeiro ciclo de primaria.

FANTÁSTICO!!!!!!







miércoles, 27 de abril de 2016

APADRIÑA A UN LECTOR/RA

Con motivo da celebración do día do libro (23 de abril) o venres 22 cada nen@ podía traer da casa un libro ou conto que lle gustase para ensinar ou ler a outro compañeiro/a. Fixéronse parellas de xeito que un neno/a "apadriñara" a un neno/a máis pequen@ . E así, en parellas ocupamos o parque que está en frente da escola para disfrutar dunha hora de lectura ao aire libre.

Unha bonita actividade coa que disfrutaron tanto pequen@s como maiores.











jueves, 25 de febrero de 2016

EXPOSICIÓN DE LIBROS DE ROSALÍA

A semana pasada, e con motivo da celebración o 24 de febreiro do Día de Rosalía de Castro, na entrada da biblioteca tivemos unha exposición de libros adicados á escritora galega.


domingo, 21 de febrero de 2016

CONTACONTOS CON PACO NOGUEIRAS

Contos, música e moita profesionalidade é o que nos ofreceu Paco Nogueiras a mañá do 11 de febreiro. Catro contos de Kalandraka,maravillosamente lidos e cantados que engancharon dende o primeiro momento ao público infantil e ás mestras que alí nos atopabamos.Non conto nada máis... a continuación tendes un resumo de como resultou esta actividade.

Agardamos que volvas pronto Paco.

          






domingo, 1 de noviembre de 2015

SEMANA DO MEDO

Estamos en tempo de castañas e cabazas, de meigas e esqueletes e a semana pasada celebramos a "Semana do medo" na biblioteca coa lectura por parte de profes e nen@s de contos seleccionados. Todo un éxito de público.



  "QUEN DIXO MEDOOOOOOOOOOOOO"