viernes, 22 de junio de 2018
FESTA POPULAR 50 ANIVERSARIO
miércoles, 20 de junio de 2018
EXPOSICIÓN 50 ANIVERSARIO
Neste video podedes ver o bonita que quedou a exposición , para festexar o 50 aniversario do colexio. Esperamos que vos guste e moitas grazas a todas as familias que a foron ver.
SEMANA CULTURAL
Que ben o pasaron os nenos e nenas durante a semana cultural ( do 11 o 15 de xuño), cun nivel alto de participación. Houbo radio en directo, xogos tradicionais, contacontos, zumba, actuacións musicais , carreira solidaria... Aquí neste video podedes ver un resumo das actividades.
miércoles, 16 de mayo de 2018
LETRAS GALEGAS 2018
Para festexar o Día das Letras Galegas os nenos e nenas do cole fixeron unha actividade que consistiu en escribir nunha silueta unha palabra en galego que lles gustase moito. Logo colgaronse polos corredores de todos os pisos e nas ventás.
Hoxe tivemos a actuación de Paco Nogueiras no patio exterior. Que ben o pasaron todos bailando e cantando as cancións de Brincavai!!!
martes, 24 de abril de 2018
DÍA DO LIBRO
Para festexar o DÍA DO LIBRO ( 23 de abril) fixeronse varias actividades : o mural " as árbores dos libros " onde os nenos e nenas de infantil e 1º de primaria escribiron dentro dunha folla o título dun libro e valoraron canto lles gustou. O mural " nos somos lectores" onde os nenos e nenas de 2º a 6º de primaria escribiron en folios de cores o título dun libro e a súa opinión persoal. Onte e hoxe cada neno/a poido levar un libro para casa, e sairon a carballeira para ler distintos contos ,a actividade titulouse " apadriña un lector"( os nenos de cursos superiores len un conto aos alumnos de cursos inferiores). Aqui podedes ver varias fotos.


viernes, 9 de marzo de 2018
ÁRBORES E PLANTAS GALEGAS
Os nenos e nenas de 4º B de primaria investigaron sobre as árbores e plantas que hai en Galicia. Con todo o recollido fixeron unha exposición . Aquí podedes ver que bonito lles quedou. Canto traballaron!!!
jueves, 8 de marzo de 2018
8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA
Hoxe reunímonos alumnos e profesores no patio do colexio para conmemorar este día. Moitos grupos fixeron pancartas para pedir a igualdade de mulleres e homes na sociedade. Aqui podedes ver algunhas fotos .
Suscribirse a:
Entradas (Atom)