viernes, 23 de febrero de 2018

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Para conmemorar o día de Rosalía , no colexio fíxose a actividade proposta co lema # AbrideAFiestra. Colocouse nas fiestras cartolinas con poemas adicados a escritora galega e ilustrados polos alumnos e alumnas dos distintos cursos. A finalidade era darlles luz  e facelos visibeis socialmente. Aqui podedes ver algunhas fotos dos traballos resultantes.











viernes, 9 de febrero de 2018

ENTROIDO 2018

Cada día da semana o meco mandou traer unha prenda , o luns un gorro ou sombreiro ; o martes unhas lentes; o mércores pixama; o xoves disfraz libre e o venres cada grupo veu do que lle indicaron na súa aula relacionado co 50 aniversario do colexio ( rockeros, moda dos 80, heavies, hippies, moda ye-yé ...). Fíxose un desfile no pavillón para todas as familias e logo houbo degustación de alimentos de entroido nas aulas.

O ENTROIDO GALEGO

PREPARÁNDONOS PARA  O DESFILE

DESFILE NO PAVILLÓN

miércoles, 31 de enero de 2018

DÍA DA PAZ

O 30 de Xaneiro festexouse no colexio o Día da Paz e non Violencia . Con anterioridade   realizaronse as seguintes actividades:  un mural para a entrada  do cole e debuxos feitos polos nenos e nenas de si mesmos que se  colocaron polos corredores facendo unha cadea de mans unidas.
O propio día cantaronse  tres cancións : en galego (" todos somos capitáns"), castelán , inglés e na lingua de signos. Rematouse dicindo todos a frase " nas nosas mans está a Paz".




viernes, 22 de diciembre de 2017

NADAL 2017

Para festexar o Nadal  decoramos as portas das aulas e os corredores, os nenos/as intercambiaronse postais para levar a casa.











O último día antes das vacacións recibimos a visita do Apalpador e cantamos cancións de Nadal.


BO NADAL!!!

viernes, 17 de noviembre de 2017

MAGOSTO 2017

O luns 13 de novembro festexamos o magosto no colexio. Primeiro todos os nenos de infantil e primaria xogaron a distintos xogos nos patios e despois mentras escoitaban música galega degustaron as castañas asadas. Aqui podedes ver algunhas fotos.














miércoles, 8 de noviembre de 2017

SAMAÍN 2017

O 30 e 31 de outubro celebramos o samaín. Podedes ver  como   o noso cole converteuse nunha mansión encantada.