Mostrando entradas con la etiqueta mamá cabra. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mamá cabra. Mostrar todas las entradas

miércoles, 29 de octubre de 2014

Canción Samaín


Queremos ensinar unha nova canción de Mamá Cabra sobre o Samaín e a continuación do video tedes a letra por si a queredes aprender.

Lembrade que o Samaín está a piques de empezar. O xoves esperamos que todos e todas veñades disfrazados á escola para meter medo polos corredores que tan terroríficos están a quedar grazas ó traballo das mestras o dos alumn@s. 

XA QUEDA POUCOOOOOOOOOOO






SAMAÍN- Mamá Cabra


Era noite de trebón
nun vello e mouro castelo,
a auga caía a chuzos
e os lóstregos a miles.



Oes dentro un barullo
de alaridos e lamentos,
era noite de trebón
nun vello e mouro castelo.



Bule, bule, bule, bule,
bailan, bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, monstros e morcegos.



Bailan, bailan as pantasmas,
monstros, bruxas e curuxas.
Bule, bule que aínda é cedo
e hoxe toca pasar medo.



Bule, bule, bule, bule,
bailan, bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, monstros e morcegos.



Bailan, bailan as pantasmas,
monstros, bruxas e curuxas.
Bule, bule que aínda é cedo
e hoxe toca pasar medo







martes, 21 de octubre de 2014

"O SAMAÍN". MAMÁ CABRA


Ímonos animando cara o Samaín con esta terrorífica canción de Mama Cabrá.

Podedes ir ensaiando porque o día 30 soará en todo o colexio. JAJAJAJAJAJAJAAJA