jueves, 18 de diciembre de 2014
domingo, 14 de diciembre de 2014
RECURSOS E ACTIVIDADES SOBRE O NADAL
CLICA NA IMAXE PARA ACCEDER ÓS RECURSOS SOBRE O NADAL DA COORDINADORA GALEGA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN.
miércoles, 19 de noviembre de 2014
ADIVIÑA, ADIVIÑANZA
CAEN, CAEN SEN PARAR
E NON DEIXAN DE BAILAR
Xa sabedes a solución????
Preguntade ós maís pequeniños da escola...eles xa a saben.
OUTONO EN GALICIA
No seguinte video podedes ver unha presentación de imaxes do outono en Galicia acompañadas de música tradicional galega.
ANIMÁDEVOS A BOTAR UNHA BAILA!!!!!!
jueves, 6 de noviembre de 2014
MATERIAL PARA IMPRIMIR SOBRE O MAGOSTO
Se xa víchedes o conto de "A castaña que rebentou da risa" neste enlace podedes atopar o conto para colorear e outras actividades divertidas recollidas dentro dunha unidade didáctica sobre o magosto feita polo CEIP Igrexa-Valadares
A CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA
Conto "A Castaña que rebentou de risa" con imaxes de María Casares Ruíz do blogue Lápiz,papel y goma. Montaxe Ana Martínez Rey. Voz Beatriz Rodríguez Martínez.
O MAGOSTO
Clicade na imaxe para acceder a unha presentación feita por Chelo Álvarez Veira onde atoparedes, ademais de información sobre o Magosto, a castaña e o castiñeiro, numerosos refráns, adiviñas, poemas, cantigas e receitas propias de esta época do ano.
miércoles, 29 de octubre de 2014
Canción Samaín
Lembrade que o Samaín está a piques de empezar. O xoves esperamos que todos e todas veñades disfrazados á escola para meter medo polos corredores que tan terroríficos están a quedar grazas ó traballo das mestras o dos alumn@s.
XA QUEDA POUCOOOOOOOOOOO
SAMAÍN- Mamá Cabra
Era
noite de trebón
nun
vello e mouro castelo,
a
auga caía a chuzos
e
os lóstregos a miles.
Oes
dentro un barullo
de
alaridos e lamentos,
era
noite de trebón
nun
vello e mouro castelo.
Bule,
bule, bule, bule,
bailan,
bailan os espectros,
bailan,
bailan esqueletes,
sapos,
monstros e morcegos.
Bailan,
bailan as pantasmas,
monstros,
bruxas e curuxas.
Bule,
bule que aínda é cedo
e
hoxe toca pasar medo.
Bule,
bule, bule, bule,
bailan,
bailan os espectros,
bailan,
bailan esqueletes,
sapos,
monstros e morcegos.
Bailan,
bailan as pantasmas,
monstros,
bruxas e curuxas.
Bule,
bule que aínda é cedo
e
hoxe toca pasar medo
martes, 28 de octubre de 2014
MATERIAIS PARA TRABALLAR NO SAMAÍN
martes, 21 de octubre de 2014
"O SAMAÍN". MAMÁ CABRA
Ímonos animando cara o Samaín con esta terrorífica canción de Mama Cabrá.
Podedes ir ensaiando porque o día 30 soará en todo o colexio. JAJAJAJAJAJAJAAJA
ELABORACIÓN DE CONXUROS
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos animarvos a participar na elaboración de conxuros feitos en galego para ler na escola o día que celebremos O Samaín.Podédelos facer conxuntamente, un por clase, ou individualmente.
O importante é elixir un para recitar mentres fagamos a poción máxica.
Aquí tedes algúns exemplos feitos noutras escolas


POCIÓN MÁXICA
RECEITA PARA FACER POCIÓNS MÁXICAS
- vinagre
- bicarbonato sódico
- colorante ou pintura para dar cor
- pódese engadir calquera outro ingrediente como ollos, arañas, sapos...
Preparación:
- Vertemos o vinagre nun recipiente que teña aspecto de caldeiro de bruxa.
- Imos engadindo o resto de ingredientes que preparásemos
- recitamos o conxuro máxico
- e finalmente botamos o bicarbonato sódico sobre o vinagre.
A reacción química fará que o vinagre se converta en escuma e saia do recipiente dun xeito moi dramático.
É moi convinte practicar coas cantidades antes de facelo diante dos nen@s, para que o truco saia perfecto.
O único problema é que a apócema saberá a raios......
lunes, 20 de octubre de 2014
RECURSOS SAMAÍN
Nesta páxina podedes atopar unha chea de recursos para traballar o Samaín tanto na escola como na casa.
Clica na imaxe
QUEN DIXO MEDO !!!!!
Ideal para o primeiro ciclo de primaria. Moi recomendable para o resto dos ciclos
MEDO ME DÁ
TAMÉN TEDES A VERSIÓN EN DEBUXOS ANIMADOS
domingo, 19 de octubre de 2014
CORRE, CORRE CABACIÑA
Agora que estamos en tempo de cabazas e outros froitos do outono recomendamos para os pequenos do cole o libro "Corre corre, cabaciña" da editorial OQO. Pasade pola biblioteca do cole que alí podedes atopar un exemplar.
E si o que queredes é cantar, pois tamén tedes a versión do conto con música.
BENVID@S
Queremos darvos a benvida ó noso blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
A través desta nova ferramenta pretendemos contribuir á divulgación da lingua galega na comunidade educativa e no contorno social así como mostrar as actividades que realicemos co noso alumnado.
Animámosvos a participar a través dos vosos comentarios e outras achegas que vós parezan interesantes.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)