martes, 21 de octubre de 2014

POCIÓN MÁXICA



RECEITA PARA FACER POCIÓNS MÁXICAS

Ingredientes:

- vinagre
- bicarbonato sódico
- colorante ou pintura para dar cor
- pódese engadir calquera outro ingrediente como ollos, arañas, sapos...

Preparación:

- Vertemos o vinagre nun recipiente que teña aspecto de caldeiro de bruxa.
- Imos engadindo o resto de ingredientes que preparásemos
- recitamos o conxuro máxico
- e finalmente botamos o bicarbonato sódico sobre o vinagre.

A reacción química fará que o vinagre se converta en escuma e saia do recipiente dun xeito moi dramático.

É moi convinte practicar coas cantidades antes de facelo diante dos nen@s, para que o truco saia perfecto.

O único problema é que a apócema saberá a raios...... 


                                    

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario