Este curso, algunhas profes do colexio formamos un grupo de traballo para dar resposta as necesidade educativas, comprensivas e expresivas dunha alumna que se incorporou ó centro. Os profesionais que traballan con ela non contamos con formación neste campo, polo que faise necesaria a formación para poder traballar e comunicarnos, e poder adaptar material á lingua de signos.
A continuación amosamos o traballo de Teresa Lourido, Mercedes Sande e María Méndez Leis cunha adaptación do conto dos tres porquiños feito con texturas e signado por Teresa.
Queremos agradecer a Silvia Rumeu, encargada de impartir as clases teóricas, a profesionalidade e sensibilidade que demostrou en todo momento con este tema.
TAMÉN PODES VER O CONTO SÓ CON VOZ SIN SIGNAR


