Mostrando entradas con la etiqueta comunidade educativa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta comunidade educativa. Mostrar todas las entradas

viernes, 26 de febrero de 2016

AGASALLO NO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO(24 DE FEBREIRO)

Durante esta semana, e seguindo a proposta da AELG (asociación de escritores e escritoras en lingua galega) os nenos e nenas do colexio traballaron na elaboración dunha postal en torno á figura de Rosalía de Castro.
O mércores 24 de febreiro, despois de poñer enderezos e selos de correos, a rapazada foi depositando a súa postal nun buzón que máis tarde sería depositado na oficina de correos para que  as familias reciban nas súas casas o "agasallo rosaliano" personalizado dos seus fillos/as.


XA TEDES NA CASA O VOSO AGASALLO????


jueves, 11 de febrero de 2016

O ENTROIDO OLÍMPICO

A mañá do 5 de febreiro enchimos a rúa de cor saíndo cos nosos disfraces e deixando as aulas baleiras para disfrutar coas familias e veciñ@s deste antroido olímpico. Disfrutamos coa calor do sol e coa calor que nos demostrou toda a xente que nos acompañou durante o desfile que fixemos por algunhas das rúas do barrio.

Grazas veciñ@s pola vosa acollida e grazas familias pola vosa colaboración na escolla e elaboración de disfraces para os vosos fillos e fillas.