Durante esta semana, e seguindo a proposta da AELG (asociación de escritores e escritoras en lingua galega) os nenos e nenas do colexio traballaron na elaboración dunha postal en torno á
figura de Rosalía de Castro.
O mércores 24 de febreiro, despois de poñer enderezos e selos de correos, a rapazada foi depositando a súa postal nun buzón que máis tarde sería depositado na oficina de correos para que as familias reciban nas súas casas o "agasallo rosaliano" personalizado dos seus fillos/as.
XA TEDES NA CASA O VOSO AGASALLO????
Si, temos o agasallo!!!! Precioso. Sempre Rosalía, moitas grazas!, unha aperta. Sonia Cancela.
ResponderEliminarGrazas Sonia!!!! alégrome que tamén vos chegara a vós....Sempre Rosalía!!!
ResponderEliminarUnha aperta.
Recibímola na casa e foi unha sorpresa. ¡Moi boa idea! Ana Álvarez
ResponderEliminarCómo nos alegramos Ana!!!! Grazas polo teu comentario
Eliminar