sábado, 16 de noviembre de 2019

MAGOSTO 2019

                  O venres 15 de novembro festexamos o Magosto no colexio. Debido o mal tempo non se puideron asar as castañas no centro, e houbo que levalas a asar fora. Despois do recreo repartíronse e degustáronse dentro das aulas. Os xogos que estaban preparados para este día canceláronse e cando mellore o tempo levaranse a cabo.



A FESTA DO MAGOSTO
             Novembro representa , en terras galegas, o tempo do Magosto e o comezo da temporada da matanza do porco.
Hai varias teorías sobre a orixe do seu nome : mentres uns coidan que vén do latín " magus ustus" algo así co significado "gran fogueira", outros especialistas pensan que "Magosto" deriva do latín "magro" coa equivalencia de grande, con algo de " magus", máxico ou feiticeiro...
No mes de novembro , a castaña recupera a importancia que o millo e a pataca lle arrebataron nas lareiras galegas hai varios séculos . Nestes días rendeselle culto, é o Magosto.
O aire das frías noites levou sempre en Galicia o recendo das castañas asadas. O magosto era o tempo que os galegos reservaban para honrar as colleitas , despois do equinoccio, un costume que nestes últimos anos se intenta recuperar.
Di o refrán: " POR SAN MARTIÑO FAISE O MAGOSTO CON CASTAÑAS ASADAS E VIÑO OU MOSTO".

jueves, 31 de octubre de 2019

SAMAÍN 2019

              Aquí neste vídeo podedes ver como decoramos o noso colexio para  festexar o Samaín . Houbo moita participación   na exposición de cabazas terroríficas. O mércores 30 o alumnado e algúns mestres/as viñeron disfrazados ,e os nenos/as de 5º e 6º de primaria contáronlles contos de medo ao resto do alumnado.

jueves, 24 de octubre de 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS 24 DE 0UTUBRO 2019

                  Hoxe festexouse o día das bibliotecas , no colexio aproveitando este día  inaugurouse a biblioteca escolar despois de que estivese pechada para reformala .Os diferentes cursos visitaron a nova biblioteca. Despois do recreo houbo un concerto de Cé orquestra pantasma co seu libro disco " a voar" para todo o alumnado.





sábado, 15 de junio de 2019

EXPOSICIÓN E TRABALLOS RELACIONADOS CO PROXECTO LOLO COÑECE GALICIA.

                  Remata o colexio e neste video podedes ver algúns dos traballos que se realizaron : murais con distintas fotos, mapas, postais , guías .... e tamén a exposición de construccións , monumentos, e outros obxectos feitos con material de refugallo todo elo relacionado co proxecto que se traballou durante todo o curso escolar " Lolo coñece Galicia".

jueves, 13 de junio de 2019

XORNALISTAS DE CONXO

               A continuación podedes escoitar as sesións de radio realizadas no noso Centro por alumnado de 5º e 6º de primaria que forma parte do Programa de Radio Cominitaria do Barrio de Conxo promovido polo Concello de Santiago.

Os nosos agradecementos a Ramón Molina, coordinador do proxecto, por contar con nós e a todo o equipo técnico polo seu traballo. Sin todos eles non sería posible crear este podcast.



miércoles, 15 de mayo de 2019

CONCERTO DE MIGALLAS

Hoxe tivemos o concerto de Migallas no patio do colexio. Todo o alumnado pasouno xenial cantando entre outras "Pan de millo" e " Miña abuela Manuela". Aquí podedes ver algunhas fotos.







martes, 14 de mayo de 2019

OS MAIOS

Dentro da semana cultural, hoxe festexamos OS MAIOS . Houbo moita participación e implicación de todo o alumnado e profesorado.
Aquí podedes ver algunhas fotos.