sábado, 16 de noviembre de 2019

MAGOSTO 2019

                  O venres 15 de novembro festexamos o Magosto no colexio. Debido o mal tempo non se puideron asar as castañas no centro, e houbo que levalas a asar fora. Despois do recreo repartíronse e degustáronse dentro das aulas. Os xogos que estaban preparados para este día canceláronse e cando mellore o tempo levaranse a cabo.



A FESTA DO MAGOSTO
             Novembro representa , en terras galegas, o tempo do Magosto e o comezo da temporada da matanza do porco.
Hai varias teorías sobre a orixe do seu nome : mentres uns coidan que vén do latín " magus ustus" algo así co significado "gran fogueira", outros especialistas pensan que "Magosto" deriva do latín "magro" coa equivalencia de grande, con algo de " magus", máxico ou feiticeiro...
No mes de novembro , a castaña recupera a importancia que o millo e a pataca lle arrebataron nas lareiras galegas hai varios séculos . Nestes días rendeselle culto, é o Magosto.
O aire das frías noites levou sempre en Galicia o recendo das castañas asadas. O magosto era o tempo que os galegos reservaban para honrar as colleitas , despois do equinoccio, un costume que nestes últimos anos se intenta recuperar.
Di o refrán: " POR SAN MARTIÑO FAISE O MAGOSTO CON CASTAÑAS ASADAS E VIÑO OU MOSTO".

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario