viernes, 21 de febrero de 2020
ENTROIDO 2020
Esta semana festexouse o Entroido no colexio, coas ordes do meco ( unha nena indicaba o que había que traer cada día) e o venres fíxose o desfile no pavillón con todo o alumnado, mestres/as e todas as familias que quixeron achegarse . O tema para disfrazarse estivo relacionado co proxecto que se está traballando durante o curso. Desfilaron animais en perigo de extinción ( pingúíns, cebras e canguros), buzos recolledores de plásticos, peixes prateados, nenos/as de pancartas con lemas para coidar o noso planeta ...
jueves, 20 de febrero de 2020
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Este curso coincidiu a celebración do Entroido co Día de Rosalía de Castro polo que case non houbo tempo para facer actividades sobre a escritora galega.
Tendo en conta o lema proposto pola AELG “ Errantes polo mundo”, cada grupo pegou unha foto sobre a migración actual nunha cartolina A3 e ao pé da mesma escribíronse versos dalgún poema da escritora relacionado con este tema.
Aquí podedes ver a exposición.
Tendo en conta o lema proposto pola AELG “ Errantes polo mundo”, cada grupo pegou unha foto sobre a migración actual nunha cartolina A3 e ao pé da mesma escribíronse versos dalgún poema da escritora relacionado con este tema.
Aquí podedes ver a exposición.
jueves, 30 de enero de 2020
DÍA DA PAZ 2020
Festexouse hoxe 30 de Xaneiro o Día da Paz no colexio. No patio todo o alumnado e mestres cantaron en LSE a canción " Vivan las manos de colores". Os días anteriores realizouse o mural da Paz e fixéronse mans de cores para poñer polas ventás de todos os corredoiros do colexio.
sábado, 21 de diciembre de 2019
NON MERQUES , ADOPTA
O alumnado de educación infantil participou nun video coa canción " Non merques, adopta" coa finalidade de concienciar as familias de que si están pensando en ter unha mascota, hai moitos cans e gatos nos refuxios de animais esperando a ter un fogar . Ademáis de cantala e aprendela en lingua galega tamén o fixeron en lingua de signos. Tamén con ela desexámosvos a todos un BO NADAL!!!
NADAL 2019
Festexamos o Nadal no colexio con distintas actividades: decoráronse as portas e os corredoiros con adornos feitos con material de refugallo, na árbore colocáronse gravatas que trouxeron os alumnos/as da casa, fíxose o mural da entrada, intercambiáronse postais entre todo alumnado , recibimos a visita dos Reis Magos que recolleron as cartas dos nenos/as e cantáronse cancións e panxoliñas polas aulas.
Aquí neste video podedes ver o bonito que estaba o colexio.
jueves, 28 de noviembre de 2019
EXPOSICIÓN REFRÁNS DE OUTONO
Rematamos as celebracións e actividades de outono cunha exposición de refráns e ditos populares da nosa terra. Houbo moita participación do noso alumnado. Aquí vos deixo unhas fotos, mirade que bonito nos quedou!!!
lunes, 25 de noviembre de 2019
DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
Conmemorouse no colexio este día con distintas actividades: nas aulas falando sobre este tema e utilizando contos e cancións , nunha tarxeta violeta escribironse palabras ou fixéronse debuxos que logo todo o alumnado foi pegando nuns lazos grandes, decoráronse as portas con pancartas . Aquí podedes ver algunhas fotos .
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







