miércoles, 30 de enero de 2019

PAZ 2019

Hoxe festexouse o DÍA DA PAZ no colexio. Cantáronse tres cancións no patio, a de educación infantil foi " Cantarela dos nenos" que tamén se interpretou en lingua de signos. Ademáis fíxose un mapa do mundo xigante coa participación de todo o alumnado e intercambiáronse botellas con mensaxes de paz para todos. Aquí podedes ver un pequeno video dos traballos feitos .

sábado, 22 de diciembre de 2018

XA CHEGOU O NADAL!

            Pedíuse a colaboración das familias para decorar o colexio . O alumnado trouxo bastóns e piruletas feitas con todo tipo de material que se puxeron  penduradas polos corredoiros e nas ventás, tamén se decoraron as portas e a entrada cun gran mural e unha árbore con luces. Houbo intercambio de postais entre os nen@s, cantáronse  panxoliñas  e cantigas de Nadal polas aulas, tivemos un espectáculo de  maxia para o alumnado de infantil  e tamén pasaron polo cole os Reis Magos. 

                               

No video podedes ver como estaba de bonito o colexio. 
                                                                

lunes, 26 de noviembre de 2018

OUTONO FOTOGRÁFICO

                             Pedimos a colaboración das familias para facer un outono fotográfico. Os alumn@s trouxeron fotos relacionadas con esta estación e con todas elas fixemos unha gran exposición. Houbo un nivel moi alto de participación, Grazas a tod@s .






miércoles, 14 de noviembre de 2018

MAGOSTO 2018

O martes 13 de novembro fixemos o MAGOSTO no colexio. Todos os alumn@s disfrutaron moito cos  xogos nos patios de infantil e primaria e a posterior degustación das castañas asadas .
Moitas grazas as nais e pais que se encargaron do preparado das castañas.
 Aquí vos deixamos un pequeno video.

sábado, 3 de noviembre de 2018

SAMAÍN 2018

XA CHEGOU O SAMAÍN . Aquí tedes un video dalgunhas actividades que fixemos, espero que vos guste!!!

viernes, 22 de junio de 2018

FESTA POPULAR 50 ANIVERSARIO

Festexouse cunha gran festa o 50 aniversario do colexio ,o público gozou coas diferentes actuacións. Asistiron importantes persoas como o conselleiro de educación e o alcalde de Santiago. Aquí tedes un video no que poderedes ver esta marabillosa celebración. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!

miércoles, 20 de junio de 2018

EXPOSICIÓN 50 ANIVERSARIO

Neste video podedes ver o bonita que quedou a exposición , para festexar o 50 aniversario do colexio. Esperamos que vos guste e moitas grazas a todas as familias que a foron ver.