No video podedes ver como estaba de bonito o colexio.
sábado, 22 de diciembre de 2018
XA CHEGOU O NADAL!
Pedíuse a colaboración das familias para decorar o colexio . O alumnado trouxo bastóns e piruletas feitas con todo tipo de material que se puxeron penduradas polos corredoiros e nas ventás, tamén se decoraron as portas e a entrada cun gran mural e unha árbore con luces. Houbo intercambio de postais entre os nen@s, cantáronse panxoliñas e cantigas de Nadal polas aulas, tivemos un espectáculo de maxia para o alumnado de infantil e tamén pasaron polo cole os Reis Magos.
lunes, 26 de noviembre de 2018
OUTONO FOTOGRÁFICO
Pedimos a colaboración das familias para facer un outono fotográfico. Os alumn@s trouxeron fotos relacionadas con esta estación e con todas elas fixemos unha gran exposición. Houbo un nivel moi alto de participación, Grazas a tod@s .
miércoles, 14 de noviembre de 2018
MAGOSTO 2018
O martes 13 de novembro fixemos o MAGOSTO no colexio. Todos os alumn@s disfrutaron moito cos xogos nos patios de infantil e primaria e a posterior degustación das castañas asadas .
Moitas grazas as nais e pais que se encargaron do preparado das castañas.
Aquí vos deixamos un pequeno video.
Moitas grazas as nais e pais que se encargaron do preparado das castañas.
Aquí vos deixamos un pequeno video.
sábado, 3 de noviembre de 2018
SAMAÍN 2018
XA CHEGOU O SAMAÍN . Aquí tedes un video dalgunhas actividades que fixemos, espero que vos guste!!!
viernes, 22 de junio de 2018
FESTA POPULAR 50 ANIVERSARIO
miércoles, 20 de junio de 2018
EXPOSICIÓN 50 ANIVERSARIO
Neste video podedes ver o bonita que quedou a exposición , para festexar o 50 aniversario do colexio. Esperamos que vos guste e moitas grazas a todas as familias que a foron ver.
SEMANA CULTURAL
Que ben o pasaron os nenos e nenas durante a semana cultural ( do 11 o 15 de xuño), cun nivel alto de participación. Houbo radio en directo, xogos tradicionais, contacontos, zumba, actuacións musicais , carreira solidaria... Aquí neste video podedes ver un resumo das actividades.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)