miércoles, 16 de mayo de 2018

LETRAS GALEGAS 2018

Para festexar o Día das Letras Galegas os nenos e nenas do cole fixeron unha actividade que consistiu en escribir nunha silueta unha palabra en galego que lles gustase moito. Logo colgaronse polos corredores de todos os pisos e nas ventás.
Hoxe tivemos a actuación de Paco Nogueiras  no patio exterior. Que ben o pasaron todos bailando e cantando as cancións de Brincavai!!!

martes, 24 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO

Para festexar o DÍA DO LIBRO  ( 23 de abril) fixeronse varias actividades  : o mural  " as árbores dos libros " onde os nenos e nenas de infantil e 1º de primaria escribiron dentro dunha folla o título dun libro e valoraron canto lles gustou. O mural " nos somos lectores" onde os nenos e nenas de 2º a 6º de primaria escribiron en folios de cores o título dun libro e a súa opinión persoal. Onte e hoxe cada neno/a poido  levar un libro para casa, e sairon a carballeira para ler  distintos contos  ,a actividade titulouse " apadriña un lector"( os nenos de cursos superiores len un conto aos alumnos de cursos inferiores). Aqui podedes ver varias fotos.
















viernes, 9 de marzo de 2018

ÁRBORES E PLANTAS GALEGAS

Os nenos e nenas de 4º B de primaria investigaron sobre as árbores e plantas que hai en Galicia. Con todo o recollido fixeron unha exposición . Aquí podedes ver que bonito  lles quedou. Canto traballaron!!!


jueves, 8 de marzo de 2018

8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Hoxe reunímonos alumnos e profesores no patio do colexio para conmemorar este día. Moitos grupos fixeron pancartas para pedir a igualdade de mulleres e homes na sociedade. Aqui podedes ver algunhas fotos .






viernes, 23 de febrero de 2018

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Para conmemorar o día de Rosalía , no colexio fíxose a actividade proposta co lema # AbrideAFiestra. Colocouse nas fiestras cartolinas con poemas adicados a escritora galega e ilustrados polos alumnos e alumnas dos distintos cursos. A finalidade era darlles luz  e facelos visibeis socialmente. Aqui podedes ver algunhas fotos dos traballos resultantes.











viernes, 9 de febrero de 2018

ENTROIDO 2018

Cada día da semana o meco mandou traer unha prenda , o luns un gorro ou sombreiro ; o martes unhas lentes; o mércores pixama; o xoves disfraz libre e o venres cada grupo veu do que lle indicaron na súa aula relacionado co 50 aniversario do colexio ( rockeros, moda dos 80, heavies, hippies, moda ye-yé ...). Fíxose un desfile no pavillón para todas as familias e logo houbo degustación de alimentos de entroido nas aulas.

O ENTROIDO GALEGO

PREPARÁNDONOS PARA  O DESFILE

DESFILE NO PAVILLÓN