jueves, 26 de marzo de 2020

XOGOS TRADICIONAIS


                        Aquí vos deixo un enlace para estes días nos que hai que estar na casa , onde podedes ver e poñer en práctica xogos tradicionais.


http://xogos-tradicionais-corentena.weebly.com/xogos-tradicionais.html

Tamén vos deixo un enlace para facer papiroflexia.

http://xogos-tradicionais-corentena.weebly.com/papiroflexia.html

sábado, 21 de marzo de 2020

DÍA DA POESÍA 21 DE MARZO

                         Hoxe é o día da poesía e Tareixa fixo este video en LSE de "Don tiburón" escrito por Antonio Garcia Teijeiro. Mirade que bonito!!!


 Aquí tedes outros poemas de escritores galegos.







martes, 17 de marzo de 2020

RECURSOS PARA TODOS OS NIVEIS EDUCATIVOS

                                         Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesores e profesoras que ante a situación de illamento na que estamos actualmente, pensan que deben ofrecerlle unha axuda educativa a sociedade.

Trátase de  axudar o alumnado, as familias e tamén o resto de profesorado a atopar recursos e materiais educativos en galego. Aquí vos deixo o enlace .

                                     aulasgalegas.org

viernes, 6 de marzo de 2020

8 MARZO

                          Para conmemorar o 8 de marzo,  alumnas de 3º e 5º de primaria , traballadoras e nais do centro participaron  nun video en LSE da canción en galego " POR ELAS" de Adhara & Ritman. Filmada na carballeira de Conxo.
Este domingo poderedes velas en directo a partir das 17:00 na alameda de Santiago de Compostela .



viernes, 21 de febrero de 2020

ENTROIDO 2020

                                   Esta semana festexouse o Entroido no colexio, coas ordes do meco ( unha nena indicaba o que había que traer cada día) e o venres fíxose o desfile no pavillón con todo o alumnado,  mestres/as e todas as familias que quixeron achegarse . O tema para disfrazarse estivo relacionado co proxecto que se está traballando durante o curso. Desfilaron animais en perigo de extinción ( pingúíns, cebras e canguros), buzos recolledores de plásticos, peixes prateados, nenos/as de pancartas con lemas para coidar o noso planeta ...
















jueves, 20 de febrero de 2020

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

                Este curso coincidiu a celebración do Entroido co Día de Rosalía de Castro polo que case non houbo tempo para facer actividades sobre a escritora galega.
Tendo en conta o lema proposto pola AELG “ Errantes polo mundo”, cada grupo pegou unha foto sobre a migración actual nunha cartolina A3 e ao pé da mesma escribíronse versos dalgún poema da escritora relacionado con este tema.
Aquí podedes ver a exposición.




jueves, 30 de enero de 2020

DÍA DA PAZ 2020

          Festexouse hoxe 30 de Xaneiro o Día da Paz no colexio. No patio todo o alumnado e mestres cantaron en LSE a canción " Vivan las manos de colores". Os días anteriores realizouse o mural da Paz e fixéronse mans de cores para poñer polas ventás de todos os corredoiros do colexio. 
Aquí podedes ver unhas fotos.