AQUÍ PODEDES VER COMO QUEDARON, ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!
lunes, 13 de mayo de 2019
LETRAS GALEGAS 2019
Para festexar as LETRAS GALEGAS fíxose a seguinte actividade: a cada grupo deúselle unha bolsa de tea, na que tiñan que escribir algún poema ou texto de Antón Fraguas Fraguas. Logo de rematadas penduráronse no corredor da biblioteca. Tamén fixéronse actividades impresas e interactivas sobre o autor homenaxeado.
martes, 23 de abril de 2019
DÍA DO LIBRO
Hoxe festexouse o Día do Libro e no colexio fixéronse distintas actividades:
Aquí podedes ver algunhas fotos destas actividades.
- "UN LIBRO É UN AGASALLO" consistiu en que cada neno/a podía coller un libro e levalo para casa.
- " BIBLIOPATIO" baixáronse libros da biblioteca para a súa lectura no patio.
- " QUE É UN LIBRO PARA TI? "nun panel todo o alumnado de primaria podía expresar a súa opinión .
Aquí podedes ver algunhas fotos destas actividades.
viernes, 22 de marzo de 2019
DÍA DA POESÍA
O 21 de marzo conmemorouse o Día da Poesía , fixéronse distintas actividades : a todo o alumnado mandóuselle unha poesía en galego para colocar polo barrio ou nalgunha rúa da cidade, podíase quitar unha foto e enviala a un correo da biblioteca que se indicaba. Outra actividade consistiu en facer un mural pegando barcos de papel , xa que a poesía que se traballou en educ. infantil trataba sobre un barco.



viernes, 8 de marzo de 2019
8 MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Hoxe todo o alumnado reuniuse no patio exterior para conmemorar o Día Internacional da Muller. Nas aulas escribiuse nunha camiseta branca, palabras , frases ou debuxos relacionados con esta temática. Fixéronse pancartas e algúns cursos compartiron cos demáis utilizando o altavoz as súas frases ou palabras elexidas .
viernes, 1 de marzo de 2019
ENTROIDO 2019
Festexouse o ENTROIDO no cole este ano relacionado co proxecto que estamos a traballar durante o curso " Lolo coñece Galicia". O alumnado divertiuse toda a semana seguindo as ordes do meco - xeneral do Ulla. O venres o desfile tivo moito éxito e todo o profesorado recibiu moitas felicitacións pola boa organización e o bo traballo .
Aquí podedes ver un pequeno video.
Aquí podedes ver un pequeno video.
viernes, 22 de febrero de 2019
ACTIVIDADES SOBRE ROSALÍA DE CASTRO
Esta semana fixéronse moitas actividades sobre Rosalía de Castro, o 24 de febreiro celébrase o seu día. Todo o alumnado decorou, recortou e pegou un marcapáxinas que levaron a casa, nas aulas traballáronse poemas da escritora e se ilustraron con debuxos e retratos. Hoxe algúns cursos se desplazaron ata a praza de vigo para ler , recitar ou cantar algúns dos seus poemas máis importantes, nun acto para homenaxear a Rosalía.
Aquí tedes un pequeno video das actividades feitas, esperamos que vos guste!!!
miércoles, 30 de enero de 2019
PAZ 2019
Hoxe festexouse o DÍA DA PAZ no colexio. Cantáronse tres cancións no patio, a de educación infantil foi " Cantarela dos nenos" que tamén se interpretou en lingua de signos. Ademáis fíxose un mapa do mundo xigante coa participación de todo o alumnado e intercambiáronse botellas con mensaxes de paz para todos. Aquí podedes ver un pequeno video dos traballos feitos .
Suscribirse a:
Entradas (Atom)