Xa que actualmente temos que estar na casa podedes pasar un rato disfrutando co xabarín , onde tedes videos de debuxos, xogos, cancións, audiocontos ... en lingua galega. Tamén poderedes ver as curtas de animación do programa " Nós tamén creamos".
Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesores e profesoras que ante a situación de illamento na que estamos actualmente, pensan que deben ofrecerlle unha axuda educativa a sociedade.
Trátase de axudar o alumnado, as familias e tamén o resto de profesorado a atopar recursos e materiais educativos en galego. Aquí vos deixo o enlace .
Para conmemorar o 8 de marzo, alumnas de 3º e 5º de primaria , traballadoras e nais do centro participaron nun video en LSE da canción en galego " POR ELAS" de Adhara & Ritman. Filmada na carballeira de Conxo.
Este domingo poderedes velas en directo a partir das 17:00 na alameda de Santiago de Compostela .