viernes, 22 de marzo de 2019
DÍA DA POESÍA
O 21 de marzo conmemorouse o Día da Poesía , fixéronse distintas actividades : a todo o alumnado mandóuselle unha poesía en galego para colocar polo barrio ou nalgunha rúa da cidade, podíase quitar unha foto e enviala a un correo da biblioteca que se indicaba. Outra actividade consistiu en facer un mural pegando barcos de papel , xa que a poesía que se traballou en educ. infantil trataba sobre un barco.



viernes, 8 de marzo de 2019
8 MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Hoxe todo o alumnado reuniuse no patio exterior para conmemorar o Día Internacional da Muller. Nas aulas escribiuse nunha camiseta branca, palabras , frases ou debuxos relacionados con esta temática. Fixéronse pancartas e algúns cursos compartiron cos demáis utilizando o altavoz as súas frases ou palabras elexidas .
viernes, 1 de marzo de 2019
ENTROIDO 2019
Festexouse o ENTROIDO no cole este ano relacionado co proxecto que estamos a traballar durante o curso " Lolo coñece Galicia". O alumnado divertiuse toda a semana seguindo as ordes do meco - xeneral do Ulla. O venres o desfile tivo moito éxito e todo o profesorado recibiu moitas felicitacións pola boa organización e o bo traballo .
Aquí podedes ver un pequeno video.
Aquí podedes ver un pequeno video.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)