Esta semana festexouse o
Entroido no colexio, coas ordes do meco ( unha nena indicaba o que había que traer cada día) e o venres fíxose o desfile no pavillón con todo o alumnado, mestres/as e todas as familias que quixeron achegarse . O tema para disfrazarse estivo relacionado co proxecto que se está traballando durante o curso. Desfilaron animais en perigo de extinción ( pingúíns, cebras e canguros), buzos recolledores de plásticos, peixes prateados, nenos/as de pancartas con lemas para coidar o noso planeta ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario